spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaMáis dunha vintena de persoas participaron na xornada de posta en valor...

Máis dunha vintena de persoas participaron na xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda

Máis dunha vintena de persoas participaron na xornada de posta en valor do patrimonio cultural da GuardaO evento contou coa participación de expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.

O pasado mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda foi o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

O evento arrancou ás 16:30h cunha breve benvida por parte do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen destacou a iniciativa coma moi interesante para a posta en marcha de novas oportunidades de negocio e de desenvolvemento turístico, cultural e patrimonial.

Esta xornada tivo coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.

A xornada estivo dividida en dúas partes, na primeira delas realizouse unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizáronse mesas de traballo nas que os asistentes puideron traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.

Nesta xornada participaron tamén expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo, que foi moi ben valorado por parte dos asistentes.

- Publicidade -spot_img