spot_img
InicioGaliciaMáis de 900 persoas participan no V Concurso de microrrelatos da Real...

Máis de 900 persoas participan no V Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal

Máis de 900 persoas participan no V Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGalMáis de 900 persoas participaron no V Concurso de Microrrelatos da Real Academia e PuntoGal, que premiará nove historias de ata 200 palabras escritas por autores e autoras de todas as idades.

Os membros dos xurados resolverán cales son os contos gañadores nos vindeiros días. Posteriormente, como nas edicións pasadas, serán recollidos nunha edición dixital.

Revista COUSAS DE Nº13

Na categoría de adultos presentáronse preto de 500 microrrelatos que serán avaliados polo presidente da Real Academia Galega, o escritor e xornalista Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal, e tamén académico, Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela (USC); a académica correspondente e profesora de Literatura Comparada da Universidade da Coruña Olivia Rodríguez; o director xeral de PuntoGal, o xornalista e profesor da USC Darío Janeiro; e a xornalista Marta Otero Mayán, membro do comité de redacción de Luzes.

As preto de 300 historias que concorren na categoría infantil (ata 11 anos) e as case 200 presentadas á xuvenil (de 12 a 17 anos) están a ser lidas polo xurado composto pola escritora e académica Fina Casalderrey, membro da comisión executiva da RAG; a enxeñeira de telecomunicacións e profesora da Universidade de Vigo Edita de Lorenzo, secretaria da xunta directiva de PuntoGal; o escritor, crítico literario e profesor Ramón Nicolás, membro correspondente da RAG; a filóloga Cristina Ríos, membro do equipo de PuntoGal; e Santiago Romero, membro do comité de redacción de Luzes.

A decisión dos xurados será dada a coñecer nas páxinas web da Real Academia Galega e PuntoGal e mais na do propio concurso, relatos.gal, onde tamén se difundirá a publicación dixital que recollerá as historias gañadoras. A revista Luzes tamén os publicará na súa versión en papel xunto a unha escolma dos microrrelatos finalistas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.