spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoMáis de 500 persoas pasaron pola XIX Semana de Cine de Cangas...

Máis de 500 persoas pasaron pola XIX Semana de Cine de Cangas durante o seu primeiro fin de semana

mais-de-500-persoas-pasaron-pola-xix-semana-de-cine-de-cangas-durante-o-seu-primeiro-fin-de-semanaA noite do martes promete ser un dos puntos álxidos da semana coa proxección de curtametraxes galegas, que levarán ao escenario as voces de cineastas emerxentes do país

Revista Cousas de Nº23

A XIX Semana de Cine de Cangas continúa a súa programación cunha acollida extraordinaria por parte do público. Dende a inauguración o pasado venres, na que se proxectou As Neves, e ao longo de todo o fin de semana, máis de 500 persoas (529 en total) pasaron polo Auditorio Municipal de Cangas para gozar das proxeccións.

O sábado destacou O mal non existe, o drama xaponés de Ryūsuke Hamaguchi, que capturou a atención do público cun relato profundo sobre a convivencia entre o progreso e a natureza

‘Galicia en curta’, talento emerxente

A noite do martes promete ser un dos puntos álxidos da semana coa proxección de curtametraxes galegas, que levarán ao escenario as voces de cineastas emerxentes do país. Esta sección contará con obras que exploran dende o realismo máxico ata historias persoais e íntimas que conectan coas raíces e realidades de Galicia. Unha oportunidade perfecta para descubrir o cinema que vén.

Recta final da Semana de Cine

Durante os próximos días, a programación continuará cunha selección de filmes para todos os gustos. O mércores estará dedicado ás escolas con Dounia e o eco do tambor, mentres que o xoves será a quenda de Luzzu, un filme maltés que explora os desafíos dun pescador nun ecosistema en perigo.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Semana de Cine pechará o venres co documental galego Chichi e máis eu, que contará coa presenza do director Nico Campos, quen participará nun coloquio co público.

O Cineclub Cangas, organizador do evento, quere agradecer o apoio e o entusiasmo mostrado polo público ata o momento, e invita a toda a veciñanza a seguir participando nesta festa do cine.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.