spot_img
InicioVal MiñorBaionaMáis de 50.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona...

Máis de 50.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona durante este verán

Máis-50.000-persoas-solicitaron-información-oficina-turismo-Baiona-durante-verán

Máis de 50.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona este verán, entre os meses de xuño, xullo e agosto. Así o reflicten os datos proporcionados pola Concellería de Turismo do Concello de Baiona. O 80% destes turistas son de procedencia nacional.

Ata terras baionesas veñen visitantes de todas as comunidades e cidades autónomas españolas pero son os madrileños os que máis se decantan por pasar os días de descanso na vila. A estes séguenlle galegos vindos desde outros puntos da nosa comunidade e tamén cidadáns do País Vasco e Castela e León. Moi de preto sitúanse as habitantes de Andalucía, Cataluña e Comunidade Valenciana. Estas dúas últimas comunidades continúan en aumento ano tras ano.

Os visitantes internacionais procedían de 66 países diferentes pero, sobre todo, de Portugal, Francia e Reino Unido, seguidos por alemáns, estado unidenses e arxentinos.

Con respecto ao número de persoas diarias que solicitaron información na oficina turimo, o día de máxima afluencia rexistrouse no mes de agosto, cun máximo de 1.153 persoas, o día 21.

Ata a oficina tamén se achegaron residentes en Baiona sobre todo, para solicitar información sobre actividades, programación cultural, visitas guiadas,…

Doutra banda, o número de peregrinos que solicitaron información na oficina aumentou. Un 76% dos camiñantes son estranxeiros e 24% nacionais. Os datos mostran que moitos estranxeiros animáronse cada vez máis conforme pasaron os anos para escoller o Camiño Portugués da Costa como opción para realizar a peregrinación á cidade santa. Portugal, Polonia, Irlanda, Alemaña e Francia son os principais países emisores de peregrinos no noso camiño, mentres que madrileños e cataláns encabezan as procedencias nacionais.

Como dato significativo destacar que durante estes tres meses rexistráronse camiñantes procedentes de 37 países diferentes. A pesar da distancia con estes lugares, o traxecto recibe peregrinos de países como Kirghizistan, Corea, Nova Zelandia ou Canadá, atraídos pola beleza incomparable deste magnífico camiño de peregrinación; costeiro na maior parte do trazado.

A ocupación hostaleira do verán rolda o 80 %, segundo datos achegados polos establecementos, sendo agosto o mes de maior afluencia, cun 95%.

Ademais, durante os meses de xullo e agosto, un total de 579 persoas participaron nas visitas guiadas gratuítas, organizadas pola Concellería de Turismo.

A Concelleira de Turismo, María Igrexa Fernández, se ha mostrou máis que satisfeita co resultado da tempada estival de 2015 e espera que as boas cifras repítanse neste mes xa que as tendencias mostran un crecente turismo cara ao mes de setembro

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.