Inicio Vigo e área Máis de 300 inscritos na I Carreira San Silvestre Solidaria Concello do...

Máis de 300 inscritos na I Carreira San Silvestre Solidaria Concello do Porriño

Máis de 300 inscritos na I Carreira San Silvestre Solidaria Concello do PorriñoO vindeiro 30 de decembro, como preludio á celebración da xa tradicional Festa nocturna de Pre-Fin de Ano, O Porriño acollerá a primeira edición da “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”.

Está proba prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.

Neste intre 305 persoas anotaronse xa para participar. O concelleiro de Deportes, David Alonso agarda que “a inscrición para esta carreira popular pegue un arreón nestes días ata o 25 que remataremos o prazo”.

“Queremos que os porriñeses e porriñesas e os veciños dos concellos próximos veñan a queimar calorías e os excesos do Nadal ó longo dun circuito plano, de só 3 quilómetros de lonxitude e cunha finalidade solidaria pois cada inscrito/a deberá traer 1 kilo de alimentos non perecedoiros para “SOS Porriño”, manifestou David Alonso

O concelleiro de Deportes compareceu na presentación da I San Silvestre acompañado de Ana Belén Gómez, atleta porriñesa que é ademáis funcionaria municipal, que ven de facer unha marca de 3 horas, 10 minutos, 13 segundos para completar os 42 kilómetros na pasada “2019 Chicago Marathon Bank of América”.

Ana manifestouse “agradecida” polos recoñecementos recibidos, pola organización desta primera San Silvestre “porque é unha forma divertida, saudable e solidaria de rematar o ano”, e “pola contrinbución dos voluntarios que son fundamentais para a celebración deste tipo de eventos”, dixo Ana Belén.

Tamén participou na presentación Alberto Insúa ó que presentou David Alonso como “o emblema dunha carreira popular porque participar e chegar dos últimos merece o maior respeto e admiración”. Alberto chamou a todos a participar nesta Carreira “ainda que sexa andando, paseando coa mascota ou disfrazados porque se trata de disfrutar”, declarou.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies