spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaMáis de 250 inscritos para percorrer o I ‘Trail Camposancos ó Solpor’

Máis de 250 inscritos para percorrer o I ‘Trail Camposancos ó Solpor’

mais-de-250-inscritos-para-percorrer-o-i-trail-camposancos-o-solporA asociación Rego de Bicosán en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Concello da Guarda organizan o I Trail Camposancos ó Solpor o vindeiro sábado 22.

Revista Cousas de nº21

As inscricións pecharon o pasado domingo, acadando un total de 260 entre as tres distancias: trail longo, trail curto e andaina.

As carreiras darán comezo a partir das 19 horas desde o campo multiusos Codesal, e alí mesmo poderanse recoller os dorsais desde ás 17 horas.

O percorrido é circular, polo que saída e meta coinciden no campo do Codesal, mais non por iso a carreira de montaña carece de dificultade. O trail longo consiste en 17 kilómetros que acumulan uns 770 metros de desnivel, mentres que o trail curto e a andaina consistirán en 8 km con 420 metros de desnivel.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Haberá agasallos para todos os participantes e premios para os tres primeiros da súa categoría e distancia correspondente. Está previsto que ás 22 horas se celebre a entrega de premios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.