Máis de 150 persoas asisten en Tomiño a un concerto para persoas xordas que, grazas a unha mochila vibratoria e á interpretación de signos, puideron desfrutar dunha tarde inesquecible
Tomiño puido desfrutar este sábado dun concerto moi singular. O alumnado de lingua de signos, que vén aprendendo hai varios anos da man de “Entre Signos”, grazas a un curso organizado pola OMIX, foi quen de interpretar simultáneamente o concerto de música variada que ofreceu o conxunto Terapia de Grupo, con Lara Villaverde (de Tebra) ao fronte.
Máis de 150 persoas non quixeron perderse no auditorio municipal ,a novedosa actividade cultural, sendo moitas delas, persoas xordas que, grazas a unha mochila vibratoria e á interpretación de signos, puideron desfrutar dunha tarde inesquecible, especial e inclusiva.



