Inicio Baixo Miño Máis de 1.400 persoas desfilarán no Entroido de Tui o próximo luns,...

Máis de 1.400 persoas desfilarán no Entroido de Tui o próximo luns, festivo local na cidade

Máis de 1.400 persoas desfilarán no Entroido de Tui o próximo luns, festivo local na cidade

Máis de 1.400 persoas participarán o próximo luns, 8 de febreiro, festivo local na cidade, no Desfile-Concurso de Entroido en Tui.  Esta cita festiva duplica a súa participación respecto ás últimas edicións de tal xeito que este ano desfilarán 18 comparsas, o máximo establecido nas bases.  Os participantes chegarán de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, Vigo, O Porriño e Mos presentando as máis diversas propostas de Entroido inspirados en temas de actualidade coma a praga do picudo vermello, ou apostas por deseños animados, tribos,  ou motivo mariños.

O desfile-concurso comezará o luns, ás 17.30h, no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. En caso de choiva aprazaríase para o sábado 13 ás 17.30h.

Son varias a novidades que presenta o Entroido en Tui este ano, unha delas é o cambio na data de celebración que este ano será o luns, festivo local na cidade. Por outra parte non todos os membros do xurado que outorgarán os premios irán identificados, e valorarán a actuación das comparsas ao longo de todo percorrido polas rúas novas.

Repartiranse preto de 12 mil euros entre premios e compensacións por participar. Hai sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense catro premios de 250€, 150€, 100 e 50€ e un en Fantasía dotado con 250€.

Ao finalizar o desfile e mentres o xurado delibera actuará a orquestra Terranova.

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido o luns dende ás 14h non se poderá estacionar e estarán pechadas ao tráfico as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.

Enterro do Bacallau

A despedida do Entroido en Tui será o próximo domingo, 14 de febreiro, coa celebración do Enterro do Bacallau que sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando. Coma novidade este ano a lectura do testamento do Bacallau correrá a cargo das actrices Areta Bolado e Noelia Castro de “A Panadaría”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies