spot_img
InicioVigo e áreaVigoLuis López destaca o labor a prol do turismo, da cultura e...

Luis López destaca o labor a prol do turismo, da cultura e da igualdade das aspirantes aos premios Emilia Pardo Bazán

luis-lopez-destaca-o-labor-a-prol-do-turismo-da-cultura-e-da-igualdade-das-aspirantes-aos-premios-emilia-pardo-bazanO presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o labor a prol do turismo, da cultura e da igualdade que realizan as participantes da segunda edición dos premios Emilia Pardo Bazán, que se entregaron esta tarde de xoves no auditorio Afundación de Vigo.

Revista Cousas De Nº19

O mandatario provincial foi o encargado de clausurar o acto, ao que acudiu acompañado pola vicepresidenta primeira Marta Fernández-Tapias e o deputado Javier Tourís.

“As participantes e as premiadas desta gala son un anticipo dese futuro esperanzador da nosa provincia. Elas e os seus proxectos simbolizan non só o talento que aniña no noso tecido social, senón o que pode xurdir se o cultivamos e o impulsamos”, asegurou o presidente agradecendo o labor de todas as nominadas e reiterando o apoio da Deputación á loita pola igualdade plena entre homes e mulleres.

- Publicidade -spot_img