spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaLuis López aposta polo relanzamento de "Trazas de Pontevedra" no acto de...

Luis López aposta polo relanzamento de “Trazas de Pontevedra” no acto de presentación da nova web do programa

luis-lopez-aposta-polo-relanzamento-de-trazas-de-pontevedra-no-acto-de-presentacion-da-nova-web-do-programaO presidente da Deputación de Pontevedra presenta no Concello da Guarda a nova páxina web deste plan de posta en valor do patrimonio galaico-romano da provincia, con contidos didácticos, culturais e turísticos actualizados

Revista Cousas De Nº19

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o novo impulso ao programa Trazas de Pontevedra para facer dos castros e do patrimonio galaico-romano un potente atractivo para todo o conxunto da provincia. O mandatario provincial subliñou o compromiso do seu goberno coa execución do protocolo subscrito no 2015 co Ministerio de Fomento para a posta en valor destes xacementos no acto de presentación da nova e completa web  do Programa Trazas que tivo lugar este mércores no Concello da Guarda.

“En marzo do 2015, a Deputación e o Ministerio de Fomento asinaron un protocolo para poñer en valor os castros da nosa provincia. Aínda que se fixeron algunhas actuacións, cremos que o programa pode ter un percorrido moito más amplo. Nin o Ministerio nin o anterior goberno provincial sacaron todo o partido a un programa que aposta por diversificar a nosa oferta turística. A Deputación fará todo o que estea na súa man para darlle a visibilidade e os coidados que os nosos castros merecen”, afirmou o presidente.

luis-lopez-aposta-polo-relanzamento-de-trazas-de-pontevedra-no-acto-de-presentacion-da-nova-web-do-programa
Materiais de promoción e didácticos para alumnado e profesorado de primaria e secundaria pensados para cada un dos 17 concellos

 

Unha das competencias da Deputación neste convenio de colaboración entre as dúas administracións era a da promoción do patrimonio. Unha misión que se cumpre coa estrea da nova páxina web do programa Trazas de Pontevedra (https://www.trazas.turismoriasbaixas.com/web/trazas/inicio). Unha páxina que recolle, dun xeito moi accesible e visual, todos os contidos relacionados co patrimonio castrexo da provincia de Pontevedra. A golpe de clic, o usuario pode coñecer cales son os xacementos da provincia, onde están, cal é a súa historia, a súa extensión, información sobre os achados nas escavacións e infinidade de material didáctico sobre este patrimonio histórico.

Ademais da importancia divulgativa destes xacementos, Luis López e o seu equipo de goberno están convencidos de que os castros repartidos por todo o territorio supoñen  un importante polo de atracción de turismo. “Poñer no noso mapa turístico os castros que temos espallados pola nosa  provincia é moi importante porque nos permite ofrecer un produto cultural de calidade, unha alternativa atractiva para un turismo relacionado coa historia, a natureza e a arqueoloxía, unha experiencia dispoñible os 365 días do ano e unha oferta capaz de captar a un perfil de turista internacional especializado no patrimonio cultural”, sinalou o rexedor provincial, poñendo o foco en posicionar á provincia como un destino referente “para un turismo que crece en Europa como son os itinerarios culturais, como por exemplo A ruta dos Fenicios”.

Este programa serve tamén para diversificar, desestacionalizar e potenciar o turismo nas Rías Baixas e no conxunto da provincia. “Estamos orgullosos de ser coñecidos polas nosas praias ou a nosa gastronomía e os nosos viños. Pero temos máis. Cando dicimos que Pontevedra é desfrutar, dicimos que Pontevedra é desfrutar das catro estacións do ano, do termalismo, da nosa natureza e paisaxe, do Camiño e, como non, desfrutar deste patrimonio histórico incomparable que son os nosos castros. Apostar por eles é apostar por ir a máis. É apostar por desfrutar”, remarcou Luis López.

luis-lopez-aposta-polo-relanzamento-de-trazas-de-pontevedra-no-acto-de-presentacion-da-nova-web-do-programa

 

Acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro; o alcalde da Guarda e deputado de Cooperación Transfroiteiriza, Roberto Carrera; e do arqueólogo da Deputación, Rafa Rodríguez; o dirixente provincial aproveitou tamén para avanzar a intención do seu goberno de executar unha segunda intervención de rehabilitación e posta en valor de novos xacementos. Unha intervención proxectada polo Ministerio do Goberno, pero cuxo plan haberá que estudar porque carece do visto e prace de Patrimonio da Xunta. “Este goberno aposta polo turismo cultural, pola promoción da nosa riqueza patrimonial. Pero sempre cunha liña vermella, o respecto e a conservación da natureza e do noso territorio”, puntualiza López.

Rematou o presidente da Deputación reafirmando o compromiso deste organismo en dar cumprimento ao protocolo asinado no ano 2015. Un convenio deseñado para “garantir a limpeza e mantemento dos xacementos galaico-romanos, mellorar a súa sinalización, contribuír á súa promoción, levar a cabo novas escavacións, converter os castros en museos ao aire libre, facelos accesibles e dixitalizar a súa riqueza para poder acceder a ela desde calquera dispositivo en calque recuncho do mundo.

O impulso dun turismo sustentable e desestacionalizado é un dos piares da acción de goberno da Deputación de Pontevedra, que ten o firme convencemento de dar un novo impulso e aproveitar todas as utilidades deste protocolo, que estaba sen explotar desde o ano 2015. “Cumprir con este protocolo é facer que a provincia vaia a máis”, concluíu Luis López.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.