Inicio Galicia Lugo acollerá os próximos Xogos do Eixo Atlántico

Lugo acollerá os próximos Xogos do Eixo Atlántico

lugo-acollera-os-proximos-xogos-do-eixo-atlantico

Lugo acollerá no verán de 2017 a duodécima edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que reunirán na cidade a unhas 5.000 persoas

A Alcaldesa puxo en valor o significado de acoller este evento trasfronteirizo, que supón un importante empuxón “cara á promoción da cidade, a procura de cohesión territorial e a dinamización da zona máis interior da Eurorrexión”

Lugo acollerá no verán de 2017, concretamente en xullo, a duodécima edición dos Xogos do Eixo Atlántico Noroeste Peninsular, que reunirá na cidade a unhas 5.000 persoas. Así o anunciou este xoves a Alcaldesa, Lara Méndez, tras participar na comisión executiva do Eixo Atlántico, que se reuniu hoxe na localidade lusa de Viana do Castelo.

A rexedora anunciou que a candidatura da provincia luguesa, liderada por Lugo e de fórmana parte os concellos de Sarria e Monforte, gañou entre un total de 5 propostas, co apoio maioritario dos membros da comisión. Trátase dun evento que está dirixido á promoción do deporte e a convivencia entre os máis novos, debido a que reúne a mozos deportistas de máis de 30 localidades de Galicia e do Norte de Portugal, para disputar campionatos de fútbol, balonmán, baloncesto, voleibol, ximnasia rítmica, atletismo e atletismo adaptado, e *natación e natación adaptada, ao mesmo tempo que se mellora o coñecemento entre os cidadáns das dúas rexións.

Para a Alcaldesa acoller este evento trasfronteirizo supón un importante empuxón para Lugo “para a promoción da nosa cidade, a procura de cohesión territorial e a dinamización da zona interior da Eurorrexión”.

“Lugo é sen ningunha dúbida unha cidade envorcada co deporte e cos valores que inculca a súa práctica, unha cidade que apoia o deporte de *elite, pero que tamén coida o deporte de base”, subliñou a rexedora, quen fixo fincapé no deporte como unha ferramenta de cohesión social. “Confío nos recursos da cidade para acoller os Xogos do Eixo e para garantir a atención deportiva merecida aos 2.000 participantes, o que contribuirá notablemente á proxección nacional e internacional que quero e busco para a cidade”, asegurou a Alcaldesa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies