spot_img
InicioVal MiñorNigránLucenza homenaxea ao cineasta Eloy Lozano e conmemora os 50 anos da...

Lucenza homenaxea ao cineasta Eloy Lozano e conmemora os 50 anos da súa película “Retorno a Tagen Ata”

lucenza-homenaxea-ao-cineasta-eloy-lozano-e-conmemora-os-50-anos-da-sua-pelicula-retorno-a-tagen-ataLucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 13 de decembro ás 20 horas na Biblioteca de Nigrán a proxección da película “Retorno a Tagen Ata”, curtametraxe do cineasta xa falecido Eloy Lozano, ao que se homenaxea neste acto que conmemora os 50 anos da realización desta película pioneira do cinema galego.

Revista Cousas de Nº23

“Retorno a Tagen Ata” e unha curtametraxe baseada na novela homónima que Xosé Luis Méndez Ferrín publicou en 1971.

Para falar tanto da novela como da película “Retorno a Tagen Ata” e axudar a contextualizar ditas obras que viron a luz nos últimos anos do franquismo, intervirán no acto o profesor de lingua e literatura galega Iago Castro Buerger, bo coñecedor da obra de Ferrín, e a mestra Delfina Meire Dorado, que foi a protagonista principal do filme e que falará da figura de Eloy Lozano e sobre as tarefas de rodaxe e difusión desta curtametraxe naqueles anos. Presentará o acto o presidente de Lucenza Xabier Méndez.

Ao remate da proxección, seguiralle un coloquio co público.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.