spot_img
InicioVal MiñorNigránLucenza - Ateneo de Nigrán organiza o evento conmemorativo “Abril das liberdades”

Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza o evento conmemorativo “Abril das liberdades”

lucenza-ateneo-de-nigran-organiza-o-evento-conmemorativo-abril-das-liberdadesLucenza organiza este vindeiro martes 29 de abril ás 20:00 horas no Auditorio municipal de Nigrán un acto de memoria democrática denominado “Abril das liberdades”.

Revista Cousas de Nº24

O evento, enfocado como un memorial das loitas pola liberdade e das resistencias ao fascismo, realízase co gallo do 80 aniversario da derrota dos réximes fascistas en Italia e Alemaña e adiántase uns meses ao 50 cabodano da morte do dictador Franco.

No acto terán lugar pequenas intervencións, na que participarán persoas do movemento memorialista, como Carlos Méixome ou Moncho Leal, proxectaranse pequenos audiovisuais alusivos, serán recitados poemas a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta e compañeiras e compañeiros do Ateneo. No apartado musical intervirán o músico e cantante Xoán López, o trio formado por Alba Costas, Miguel Soto e Guille Pérez e actuarán tamén algúns membros do grupo Dakidarría. Aproveitarase o acto para recoñecer e homenaxear a algunhas persoas da veciñanza do municipio e da comarca que foron, dunha ou doutra forma, vítimas do fascismo. E como remate convidarase aos asistentes ao canto conxunto do “Grândola Vila Morena” de Jose Afonso.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.