spot_img
InicioVal MiñorBaionaIX Torneo Escolar de Tenis do Val Miñor "Concello de Baiona"

IX Torneo Escolar de Tenis do Val Miñor “Concello de Baiona”

IX-Torneo-Escolar-Tenis-Val-Miñor-Concello-BaionaBaiona 13 de xuño.- Hoxe nas instalacións do Pabellón municipal de Baiona e o Pabellón escolar de Covaterreña, a Concellaría de Deportes conxuntamente co Club de Tenis Baiona, organizou unha nova edición do torneo escolar do Val Miñor de Tenis Concello de Baiona, que este ano 2015 alcanzou o seu IX Edición.

O torneo, contou coa presenza record de 115 participantes repartidos entre todas as categorías

O torneo, contou coa presenza record de 115 participantes repartidos entre todas as categorías; pre benjamín 17 participantes, Benjamines – 30 participantes, Alevíns – 34 participantes, Infantís – 24 , e Cadetes 10 participantes, todos eles moi repartidos dos distintos centros de ensino de Nigrán, Gondomar, A Guarda, Tui, Vigo e por suposto de Baiona onde a presenza de xogadores, pais e demais acompañantes fixo do mencionado torneo unha gran festa deportiva para os escolares. O torneo finalizou co sorteo de raquetas e a entrega de trofeos aos vencedores.

O torneo na súa novena edición mellorou notablemente no nivel de xogo do participantes froito do traballo anual que desenvolven nos seus distintos clubs e escolas municipais e a súa acollida foi moi boa polo que anima á organización a melloralo na próxima edición.

O sistema de competición utilizado no torneo garantía polo menos que todos os participantes xogasen dous partidos xa que se estableceu un cadro eliminatorio e outro de consolación no que pasaban a xogar os participantes que perdían o primeiro partido.

IX-Torneo-Escolar-Tenis-Val-Miñor-Concello-BaionaO cadro de vencedores nas distintas categorías foi o seguinte:

Cadete Mixto Cadro Eliminatorio :
1º NICOLAS YAGÚE -2º ALEJANRO ESTÉVEZ

Infantil Mixto Cadro de Consolación:
1º JOSE OITABEN

Infantil Mixto Cadro Eliminatorio :
1º JUAN MARTÍNEZ -2º MIGUEL ÁNGEL PEREZ

Infantil Mixto Cadro de Consolación:
1º MANUEL DE LA FUENTE 2º ALBERTO GONZÁLEZ

Alevín Mixto Cadro Eliminatorio :
1º VICTOR ESTÉVEZ 2º AFASTO FERNÁNDEZ

Alevín Mixto Cadro de Consolación:
1º YERAI DIEGO 2º AITANA MÍGUEZ

Benjamín Mixto Cadro Eliminatorio :
1º HECTOR GONZÁLEZ 2º BRAIS OLIVEIRA

Benjamín Mixto Cadro de Consolación:
1º UXIA SENRA 2º ANDRE VILAS

Pre- Benjamín Mixto Cadro Eliminatorio :
1º PABLO GREGORES 2º BRAIS ÁLVAREZ

Pre-Benjamín Mixto Cadro de Consolación:
1º FRANCISCO PALMA 2º LUNA SANTANA

IX-Torneo-Escolar-Tenis-Val-Miñor-Concello-Baiona

- Publicidade -spot_img