spot_img
InicioVal MiñorGondomar"Itinerarius": os proxectos máis recentes do escultor Silveiro Rivas preséntanse na Aula...

“Itinerarius”: os proxectos máis recentes do escultor Silveiro Rivas preséntanse na Aula de Cultura Ponte de Rosas

capa-silverio

Hei de erguer contra o aire, o silencio e o misterio que a terra esconde na súa entraña, escribe o poeta Xavier Seoane nun texto inédito, que presenta esta mostra que desvelará un feixe da máis recente creación plástica de Silveiro Rivas.

A mostra do escultor Silverio Rivas inaugúrase este venres 29 de maio ás 20.30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas

O artista nado en Ponteareas amosará unha serie de traballos experimentais en diversos materiais e dimensións. Destacan bosquexos  que saen por primeira vez do seu obradoiro e traballos de gran porte en aceiro inoxidable.

Galardoada en febreiro pasado co Premio Laxeiro 2015, a frondosa obra de Rivas enxoia diversos espazos públicos do pais con esculturas como a Porta do Atlántico (Vigo), o Monumento ás vítimas da represión (Tui) e  Horizonte para o sol (Campus universitario de Vigo) entre outros exemplos. Ás súas innumerables mostras individuais e colectivas ao longo do continente, súmase a obra espallada en museos e coleccións particulares de prestixio.

Esta nova instalación que poderá visitarse a partir deste venres na Aula de Cultura Ponte de Rosas, contará cunha presentación do médico analista Román Pereiro, membro do IEM e crítico de arte. Acto no que tamén estará presente o autor da obra.

Ao finalizar a presentación terá lugar un viño xentileza das adegas Terras Gauda que estará acompañado polas tradicionais roscas da panadería Copena de Gondomar. A exposición poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas até o vindeiro 24 de xullo no lugar do Campo da Feira, na avenida do mesmo nome número 10, baixo en Gondomar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.