O primeiro debate do I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño tratará sobre a investigación, recuperación e conservación do Camiño de Santiago no asociacionismo Xacobeo. Moderará a mesa redonda Robert George Plötz. Membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago. Presidente da Deutsche St. Jakobus-Gesellschaft (1987-2012) (Alemaña).
Tamén participarán na primeira sesión do congreso outros destacados membros de colectivos arredor do Camiño, como son Rosa Mª Sanz Sanz de Acebo, Presidenta Asociación de Amigos do Camiño en Navarra, España; Bárbara E. Preuschoff, Deutsche St. Jakobus-Gesellschaft, Alemaña; Adeline Rucquoi, Directora de Investigación no Centro Nacional de Investigacións Científicas de Francia (CNRS-EHESS, París), Presidente da Société Française deas Amis de Saint Jacques de Compostelle (Francia); Luis Menéndez, Responsable de Comunicación Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago. Sempre no Camiño. (FICS)
Un temática que sen dúbida é clave para o futuro do Camiño de Santiago, unha ruta que é patrimonio e crisol de diferentes culturas. Os convidados ao debate expoñerán a súa experiencia acerca desta tarefa e propoñerán diferentes puntos de vista e formatos de colaboración para fomentar a súa conservación.
Aberto o prazo de inscrición
Os amantes do Camiño de Santiago que queiran participar no I Encontro Mundial de Asociacións de Amigos do Camiño, xa poden facelo a través da web: www.encontroasociacionsxacobeas.com
Mediante a web tamén se poderá reservar hotel en Santiago de Compostela doadamente e solicitar participar nas comidas e ceas nas que estarán presentes todas os participantes na cita.




