spot_img
InicioAlto MinhoInterreg premia ao POCTEP e á Eurocidade Cerveira-Tomiño por organizar o maior...

Interreg premia ao POCTEP e á Eurocidade Cerveira-Tomiño por organizar o maior evento europeo de cooperación

interreg-premia-ao-poctep-e-a-eurocidade-cerveira-tomino-por-organizar-o-maior-evento-europeo-de-cooperacionA mascota Mizi repartiu en colexios de Cerveira e Tomiño a guía turística ilustrada sobre a historia do territorio

Revista Cousas de nº21

A Eurocidade Cerveira-Tomiño marca tendencia, tamén en Europa. O Interreg acaba de conceder o premio Cooperation Day 2023 ao programa de España-Portugal (POCTEP) e á Eurocidade Cerveira-Tomiño por organizar o maior evento a nivel europeo para conmemorar a cooperación entre territorios, con máis de un milleiro de participantes.

O galardón, na categoría de Maior Evento Local, premia así a orixinalidade dun evento que tivo unha grande afluencia de participantes nunha actividade que buscaba subliñar o potencial e a riqueza cultural dun territorio transfronteirizo común.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organizou accións de divulgación en 10 centros educativos de ambas as dúas beiras do Miño, nos que a mascota Mizi entregou ao alumnado de entre 6 e 12 anos a guía turística ilustrada ‘A pequena gran historia – Eurocidade Cerveira-Tomiño’. Dun xeito divertido e interactivo a rapazada achegouse a este destino familiar que aproveita as potencialidades naturais, patrimoniais, culturais e de lecer a prol dunha experiencia realmente única.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

‘A pequena gran historia – Eurocidade Cerveira Tomiño’ está contada combinando os dous idiomas, optando por usar un ou outro de acordo co idioma no que foi escrito o texto orixinal e distinguíndoo coa súa bandeira respectiva. O obxectivo é tamén destacar a proximidade lingüística, derivada dunha orixe histórica compartida, e que contribúe a reforzar aínda máis os lazos de amizade.

- Publicidade -spot_img