spot_img
InicioGaliciaA CoruñaInician a restauración da locomotora coñecida como ‘Sarita’ para a súa integración...

Inician a restauración da locomotora coñecida como ‘Sarita’ para a súa integración no Museo Camilo José Cela

Inician a restauración da locomotora coñecida como ‘Sarita’ para a súa integración no Museo Camilo José CelaA iniciativa enmárcase no programa de accións conmemorativas impulsado polo Goberno galego co gallo do 20 aniversario do pasamento do escritor

A Xunta inicia estes días o proceso de rehabilitación da locomotora coñecida como Sarita, que se realizará nun prazo de catro meses. O obxectivo é integrar esta peza principal do Museo do Ferrocarril, que forma parte do Museo Camilo José Cela, na museografía exterior deste espazo situado na casa natal do Nobel galego, en Padrón. A iniciativa enmárcase no programa de accións conmemorativas promovidas polo Goberno galego co gallo do 20 aniversario do pasamento de Cela.

Revista COUSAS DE Nº13

Os traballos previstos, cun investimento de 45.000 €, consisten na limpeza e saneamento da estrutura e das partes menos afectadas para o posterior imprimado. As partes metálicas inservibles serán substituídas por unhas de chapa de ferro de calidade S275 con acabado decapado e un espesor adecuado á peza para reconstruír. As pezas novas suxeitaranse ao chasis da locomotora con parafusos de aceiro semellantes aos orixinais.

Inician a restauración da locomotora coñecida como ‘Sarita’ para a súa integración no Museo Camilo José Cela

Tamén se reconstruirá a cabina de condución e incorporarase un novo caixón de carbón cunha porta de guillotina na súa parte inferior; colocaranse os novos laterais, a cubrición do fogar con porta abatible e o chasis do teito. A cuberta do teito cubrirase cun taboleiro composto de partículas e madeira e resinas de alta densidade. Por último, procederase ao selado das xuntas, imprimado de todas as pezas novas e pintado xeral da locomotora coas cores orixinais.

A maiores, restauraranse e limparanse todas as pezas de bronce como bucinas, reloxos de presión e temperatura, tubaxes de canalización de vapor e auga e o sombrerete superior da cheminea, que tamén recibirán un verniz especial para que non se altere o seu brillo natural. Os focos situados nas partes dianteira e traseira serán outras das pezas sometidas a este proceso de recuperación. Tras a colocación de todos os elementos restaurados, substituiranse as barras de pasamáns colocadas polos laterais da caldeira, cunhas novas de aceiro inoxidable pulido con brillo.

Ano conmemorativo de Cela

A recuperación da locomotora Sarita forma parte do conxunto de accións promovidas pola Xunta arredor da figura e do legado de Camilo José Cela con motivo da conmemoración do 20 aniversario do seu pasamento. Neste marco, ao longo de 2022 desenvolveranse diversos proxectos expositivos, xornadas académicas en Madrid e Cataluña e outras actividades divulgativas a prol do achegamento da cidadanía á vida e obra do escritor.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.