Inicio Val Miñor Baiona Inaugurada no CPI Covaterreña de Baiona a exposición sobre os Premios María...

Inaugurada no CPI Covaterreña de Baiona a exposición sobre os Premios María Josefa Wonenburger

Inaugurada no CPI Covaterreña de Baiona a exposición sobre os Premios María Josefa WonenburgerA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe en Baiona unha exposición sobre os premios María Josefa Wonenburger, creados pola Xunta para visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións das mulleres galegas referentes na ciencia e na tecnoloxía, na que estivo acompañada pola concelleira de Igualdade, Yasmina Costas, e a directora do centro, Isabel Martínez.

O recoñecemento de 2019 recaeu en Mabel Loza, catedrática de Farmacoloxía e responsable do grupo de investigación BioFarma da Universidade de Santiago (USC).

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e unha científica adiantada ao seu tempo. Dende a súa creación foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía, e así coa visibilización a través desta exposición da súa actividade e do seu triunfo, podemos lograr afianzar a idea de que muller e ciencia non só son compatibles senón que son unha combinación gañadora.

O Goberno galego considera prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas. Ademais é necesario promover a eliminación dos desequilibrios que poidan existir no relativo á formación científica, no eido da investigación e innovación e na xestión da I+D+i, así como situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva de xénero nun primeiro plano.

Á exposición asistiu o alumnado de 3º e 4º de ESO así como mulleres de diferentes eidos (deportivo, artístico, asociativo e docente). A exposición estará dispoñible a toda a comunidade educativa do 22 ao 29 de xaneiro no salón de actos do centro. Despois trasladarase ao IES Primeiro de Marzo até o 6 de febreiro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies