spot_img
InicioVigo e áreaVigoInaugurada na Fundación Laxeiro a mostra "Seis Cabezas" de Alejandro Fuertes

Inaugurada na Fundación Laxeiro a mostra “Seis Cabezas” de Alejandro Fuertes

inaugurada-na-fundacion-laxeiro-a-mostra-seis-cabezas-de-alejandro-fuertesO alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou hoxe a exposición “Seis cabezas”, do artista Alejandro Fortes, que permanecerá aberta na sede da Fundación Laxeiro ata o 18 de maio.

Revista Cousas de Nº24

Este traballo é produto das investigacións de Alejandro Fuertes sobre o residuo sólido urbano como material para a arte, tema do que trata a tese doutoral que presentará na Universidade de Vigo en poucos meses.

Son moitas as lecturas que se desprenden deste traballo, entre as que destacamos unha fascinación do autor polo que el chama a estética da devastación, a partir da que constrúe unha obra na que a descomposición, como metáfora da morte, cobra protagonismo.

A mostra, elaborada con residuos recollidos na rúa para ser transformados en arte, chama á reflexión “sobre a sociedade na que vivimos”, apuntou Abel Caballero, ao animar á cidadanía a contemplar a mostra.

Alejandro Fortes, destacou a “forza” dos residuos “polo depósito dicursivo filosófico, antopológico e arqueolóxico, tan potente e suxestivo”. Recalcou que o “lixo é un recordatorio traxicómico de que calquera cousa, por prodixiosa que sexa, pode converterse en chatarra”.

 

O comisario da mostra, Javier Buján, destacou o valor das pezas “case escultóricas” de Fortes, realizadas con material de refugallo. Incidiu en que a partir da estética da devastación, “hai unha reflexión sobre o efémero que é todo e como a única certeza que hai é a morte e que o resto é todo difuso porque non sabemos o que vai ocorrer no futuro”. Recalcou que a programación da Fundación Laxeiro matén o obxectivo de dar a coñecer a obra de artistas novos.

 

“Cabeza I”, da exposición “Seis cabezas”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.