spot_img
InicioVal MiñorBaionaIgualdade de Baiona pon en marcha nos centros educativos o proxecto “Non...

Igualdade de Baiona pon en marcha nos centros educativos o proxecto “Non Cales”

Igualdade de Baiona poñen en marcha nos centros educativos o proxecto “Non Cales”A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller está a poñer en marcha un proxecto nos centros educativos municipais que ten por como obxectivo romper o silencio contra a violencia de xénero.

A artífice do proxecto é Irene Silva Xiráldez, pintora, gravadora e ilustradora, veciña de Belesar, que está a impartir talleres a todo o alumnado que cursa 6º de educación primaria nos distintos centros da localidade. O alumnado está a traballar as emocións, a empatía, a confianza e o respecto ademais de fomentando o valor de participación colectiva para conseguir obxectivos sociais.

En total 96 alumnos e alumnas do CEP BELESAR , CPI Cova Terreña, o CEIP Fontes Baíña e o CEP Sabarís participarán no proxecto enmarcado no IV Plan de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Baiona.

“ NON CALES” , intégrase no “programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia machista no Concello de Baiona ano 2020”, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, no marco da convocatoria de subvención dirixidas aos concellos de menos de 20.0000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.