
O Obradoiro de Emprego ‘Hostalería Verdugo’ do Concello de Soutomaior e financiado pola Consellería de Emprego da Xunta de Galicia, vai levar a cabo o vindeiro xoves día 20 de abril a I Xornada de portas abertas.
Nesta xornada as instalacións do Obradoiro estarán abertas e durante ese día, a partir das 8,30 horas, todos aqueles que queiran achegarse ata ali, poderán gozar dos pratos que preparen, os alumn@s-trabajador@s , das dúas especialidades do obradoiro.
Así, desde as 8,30 h ata as 10,00 h a sala de restaurante-bar estará a disposición dos visitantes para que poidan poderán gozar dun almorzo preparado por alumn@s da especialidade de Restaurante-Bar. Xa a partir das 13,30 h. aqueles que o desén poderán gozar dunha comida. O menú estará formado por pratos preparados polos alumn@s da especialidade de Cociña.
Nos almorzos o aforamento estará limitado a 50 servizos e na comida a 40.
Á chegada dos asistentes ao comedor serán recibidos polo Director e a Titora do Obradoiro e acomodados na sala polos alumn@s da especialidade de Restaurante-Bar.
A celebración desta xornada de portas abertas ten como finalidade dar a coñecer o traballo que os alumn@s-traballador@as fan nesta instalación, así como poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos durante os meses que o obradoiro leva funcionando.
Para reservar prazas para esta xornada de portas abertas e evitar maior número de asistentes ao inicialmente programado é necesario anotarse nas oficinas do Concello de Soutomaior. Teléfono: 986 705106



