spot_img
InicioGaliciaI Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de...

I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

I-Encontro-Mundial-Galicia-Asociacións-Amigos-Camiño-Santiago

Os amantes do Camiño de Santiago que queiran participar no I Encontro Mundial de Asociacións de Amigos do Camiño, xa poden facelo a través da web www.encontroasociacionsxacobeas.com.

Mediante a web tamén se poderá reservar hotel en Santiago de Compostela doadamente e solicitar participar nas comidas e ceas nas que estarán presentes todas os participantes na cita.

A organización recorda que este será o primeiro congreso centrado neste tipo de entidades, que colaboran e apoian o labor da Administración en canto á conservación e posta en valor das diferentes Rutas Jacobeas. – See more at: http://www.encontroasociacionsxacobeas.com/gl/noticias/plazo-inscripci%C3%B3n-encontro-asociaciones-camino#sthash.zm3FzGWX.dpuf

Os próximos 4, 5 e 6 de xuño celébrase en Santiago de Compostela o I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

No seu compromiso de revalorización, recuperación e promoción do Camiño, a Xunta de Galicia quere homenaxear ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago de todo o mundo propiciando unha reunión para dar a coñecer o seu traballo e dedicación ao longo de tantos anos, sen o cal non sería posible o que hoxe coñecemos como “”Fenómeno Xacobeo“”.

A cidade que dá nome a este Camiño Patrimonio da Humanidade, lar e meta de miles de peregrinos, será a sede deste encontro que servirá como foro de debate e mostra de agradecemento a todas as asociacións que co seu intenso traballo impulsan o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións.

O Encontro celebrarase no Auditorio ABANCA Obra Social, sito na rúa Preguntoiro, e a exposición na Sala Diáfana da segunda planta do Centro ABANCA Obra Social, sito na praza de Cervantes, ambos en Santiago de Compostela.

ABANCA Obra Social cedeu a Turismo de Galicia o uso destes espazos para a celebración do Encontro.

Exposición : “Amigos do Camiño: Hospitalidade, Investigación, Difusión”

Sé: Centro Social ABANCA. Planta baixa. _ Praza de Cervantes. Santiago de Compostela

Días: Do 4 ao 12 de Xuño

Horario: 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 hs.
_____________________

Congreso: I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de amigos do Camiño de Santiago
Sé: Auditorio ABANCA _ Rúa Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela
Días: Do 4 ao 6 de Xuño

- Publicidade -spot_img