Inicio Vigo e área Soutomaior Hoxe presentouse na Casa do Concello de Soutomaior a II Carreira Popular...

Hoxe presentouse na Casa do Concello de Soutomaior a II Carreira Popular da Ostra

Concello-Soutomaior-II-Carreira-Popular-OstraCelebrarase o próximo día 29 de marzo (domingo) cos seguintes horarios:

Categorías para menores ás 11,15 horas e a carreira para adultos ás 12,30 horas. O Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e o Delegado de Deportes Paco Igrexas deron a coñecer o percorrido da proba que será de 5.960 metros e discorrerá polo centro urbano de Arcade.

As inscricións pódense realizar na pagina www.cronotec.es até o 25 de marzo o prezo é de 5 ? excepto para os empadroados no Concello de Soutomaior que será gratuíta.

Tamén desde o mércores 18 até o mércores 25 os empadroados no Concello de Soutomaior poderán realizar a súa inscrición no Pavillón Municipal A Montesiña en horario de tarde.

Os máis pequenos poderán inscribirse de maneira gratuíta até media hora antes da carreira.

A II carreira popular da ostra espera este ano superar as 400 inscricións e será o primeiro paso que dará lugar á XXIX Festa dá ostra que se celebra o seguinte fin de semana do 4 e 5 de abril.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies