Inicio Galicia Hoxe 21 de Maio é o Día Europeo da Rede Natura 2000

Hoxe 21 de Maio é o Día Europeo da Rede Natura 2000

As illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin de amosar a súa riqueza natural mediante a arte pictórica

Coa celebración deste día preténdese que todos os cidadáns descubran a riqueza destes espazos protexidos nos que a natureza e o ser humano van da man. A Rede Natura 2000 fórmana máis de 27.000 lugares en Europa que albergan especies e hábitats craves para a conservación da nosa biodiversidade

QUE É A REDE NATURA 2000?

A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos que se declararon para conservar determinadas especies e hábitats que viven neles. En total son máis de 27.000 en toda Europa!

PERO QUE TEN DE ESPECIAL?

Ademais das numerosas especies de animais, plantas e hábitats que protexe como o aguia imperial ibérica, o oso pardo, o lince ibérico, o quebrantahuesos, o visón europeo; a cegoña negra, o abeto ou o haxa; a Rede Natura 2000 é o resultado da interacción cultural e histórica entre home e natureza.

Non son só santuarios de natureza, neles realízanse actividades como a agricultura, a gandería, a caza ou o turismo, que garanten a conservación dos valores polos que se declararon espazos Rede Natura 2000.

CALES SON Os VALORES QUE CONVERTEN UN ESPAZO EN REDE NATURA 2000?

A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados.
A Rede Natura 2000 naceu no ano 1992 e inclúe espazos designados en virtude de dúas grandes leis europeas:

A Directiva de Hábitats, que orixinou os LIC, Lugares de Importancia Comunitaria, lugares que albergan tipos de hábitats naturais ou especies de singular valor que é necesario conservar. Os LIC pasan a chamarse ZEC, Zonas Especiais de Conservación, cando teñen aprobado os seus plans ou instrumentos de xestión.

A Directiva de Aves, que deu lugar ás ZEPA, Zonas de Especial Protección para as Aves, son lugares que albergan especies de aves silvestres a conservar no ámbito da Unión Europea.

Xunta-concede-case-2,3-millóns-euros-axudas-126-concellos-galegos-promoven-proxectos-mellora-Rede-NaturaBENEFICIOS DA REDE NATURA 2000

Toda a sociedade benefíciase dos valores destes espazos. Segundo estudos da Comisión Europea os espazos Rede Natura 2000 proporcionan aos cidadáns europeos servizos vitais como o almacenamento de carbono, o mantemento da calidade do aire e da auga ou a protección fronte a inundacións ou secas, valorados entre 200.000 e 300.000 millóns de euros ao ano.

 

Red Natura en Galicia

A Coruña
 
Ortigueira – Mera
Costa Ártabra
Fragas do Eume
Encoro de Abegondo – Cecebre
Costa da Morte
Complexo húmido de Corrubedo
Betanzos – Mandeo
Carnota – Monte Pindo
Costa de Dexo
Estaca de Bares
Esteiro do Tambre
Monte e lagoa de Louro
Xubia – Castro
Serra do Careón
Río Anllóns
Río Tambre
Serra do Xistral
Sistema fluvial Ulla – Deza
Lugo
 
Serra do Careón
Ancares – Courel
Río Eo
Parga – Ladra – Támoga
A Marronda
As Catedrais
Carballido
Cruzul – Agüeira
Monte Faro
Monte Maior
Negueira
Ría de Foz – Masma
Río Landro
Río Ouro
Canón do Sil
Serra do Xistral
Río Cabe
Costa da Mariña occidental
Pena Veidosa
 
Ourense
 
Canón do Sil
Baixa Limia
Macizo Central
Bidueiral de Montederramo
Pena Veidosa
Río Támega
Veiga de Ponteliñares
Pena Trevinca
Pena Maseira
Serra da Enciña da Lastra
Serra do Candán
Pontevedra
 
Illas Cíes
Monte Faro
Sistema fluvial Ulla – Deza
Río Lérez
A Ramallosa
Complexo Ons – O Grove
Monte Aloia
Río Tea
Baixo Miño
Brañas de Xestoso
Cabo Udra
Costa da Vela
Gándaras de Budiño
Illas Estelas
Serra do Candán
Serra do Cando
Sobreirais do Arnego
Enseada de San Simón
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies