spot_img
InicioAlto MinhoHistorias infantis entre Galicia e o Norte de Portugal. A Eurocidade Tui...

Historias infantis entre Galicia e o Norte de Portugal. A Eurocidade Tui Valença presentou os ‘Bolechas’

Historias infantis entre Galicia e o Norte de Portugal. A Eurocidade Tui Valença presentou os 'Bolechas'Valença foi o escenario para a presentación de “Bochechas – Entre a Galiza e o Norte de Portugal”, o libro infantil que retrata as historias da raia para os mais pequenos.
A presentación decorreu na EB 1 de Ganfei, Valença, e contou coa presenza de personaxes que ilustran este libro infantil. Os próximos días os alumnos dos demais centros de ensino van recibir esta publicación.

Famosa serie infantil

“Os Bolechas”, “Bochechas” en portugués, son un auténtico fenómeno na Galicia. Naceron o ano 2000 e rapidamente se converteron en protagonistas da máis importante e famosa serie da literatura infantil galega, con máis de 500 títulos publicados e un millón e medio de exemplares distribuídos. Para alén de Galicia, tamén, a televisión portuguesa RTP emite episodios dos Meixelas, unha familia composta por seis irmáns: Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sónia e o pequeno Tatá, a quen se xunta en todas as súas aventuras a súa mascota, Chispa.

Histórias Didáticas

Os libros infantis dos Bochechas teñen unha importante componente didática que, ademáis de entreter o seu público, permite que interioricen conceptos e valores universais, hábitos saudables, coñecementos da vida diaria, entre outros. A presentación correu a cargo do Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP, AECT).

Dar a coñecer a Eurorexión

Esta edición, en Portugués e en Galego, é cofinanciada polo Fundo Europeu de Desenvolvemento Rexional FEDER no ámbito do Programa INTERREG V-A España–Portugal (POCTEP) 2014-2020 – Projeto 0101_GNP_AECT_1_E e pretende seguir a liña das anteriores, mostrando ao público a Eurorregião Galicia – Norte de Portugal, nunha história onde os Bochechas viaxan por alguns dos lugares desta Eurorrexión.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.