spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaHistoriadores e investigadores demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón

Historiadores e investigadores demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón

- A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, reuníronse hoxe cos historiadores e investigadores Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan González, Dionisio Pereira e Xosé Álvarez Castro, asinantes do manifesto “A verdade non se debate” sobre a illa de San Simón. - Os expertos en Memoria Democrática súmanse á demanda do Concello para a recuperación da Fundación Illa de San Simón, e amosáronse dispostos a colaborar co Concello na promoción actividades, cursos e conferencias sobre a historia da illa e o seu pasado como campo de concentración durante o franquismo. Redondela, 6 de febreiro de 2025. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, reuníronse hoxe con algúns dos historiadores e investigadores que asinaron o manifesto “A verdade non se debate”. Neste escrito os estudosos diríxense ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, logo das ambiguas declaracións do presidente o mes pasado, cando amparou a un deputado do seu partido que afirmara en sede parlamentaria que “non lle constaban mortos en San Simón”, campo de concentración franquista. Rueda afirmou “que había que deixar o debate aos investigadores”. Os expertos hai anos que cifran nuns 500 os falecidos a illa, entre eles oito fusilados. Na xuntanza celebrada este mediodía no Concello participaron Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan González, Dionisio Pereira e Xosé Álvarez Castro. A alcaldesa agradeceulles o manifesto, no que consideran de “extrema gravidade” as afirmacións do presidente a Xunta “polo que supoñen de negación da verdade histórica e de banalización dos sucedido nunha das máis duras e crueis prisións franquistas”. Na reunión os participantes tamén analizaron a solicitude da Xunta de Galicia para que o goberno central ceda a titularidade do arquipélago a administración autonómica. Actualmente a illa está en usufruto por parte da Xunta, un acordo que expirará en 2027. Tanto os investigadores como o goberno local entenden que se trata dunha “estratexia política” para manter o seu control sobre a illa. Critican que ata o de agora a Xunta Simón non respectou a memoria democrática, até o punto de autorizar neste espazo a organización privada de talleres de ioga, xincanas ou noites de Samaín. Recuperar a Fundación Illa de San Simón Rivas lembrou a demanda do Concello de Redondela para que a Xunta recupere a Fundación Illa de San Simón, unha petición á que se suma este colectivo de historiadores. O Concello de Redondela sinala que a fundación é necesaria “para facer un seguimento do que sucede na illa, programar actividades e realizar unha correcta sinalización e contextualización do acontecido na illa”. Coa declaración de San Simón como Lugar da Memoria Democrática, tal como anunciou o Ministerio de Política Territorial, a illa contará cun réxime de protección e usos compatibles, polo que “a recuperación da Fundación Illa de San Simón é máis necesaria ca nunca”. Conferencias e cursos A alcaldesa manifestou a intención do Concello de organizar un programa de conferencias e cursos sobre a historia de San Simón. Realizaranse actividades para o público en xeral e outras dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos do municipio. “Temos que explicarlle ás novas xeracións o que pasou na illa durante a Guerra Civil e os anos de represión, porque moitos descoñecen esa historia”, sinala Rivas. Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan González, Dionisio Pereira e Xosé Álvarez Castro amosáronse dispostos a colaborar co Concello na promoción actividades en relación á Memoria Democrática da illa. Os expertos en Memoria Democrática súmanse á demanda do Concello para a recuperación da Fundación Illa de San Simón, e  amosáronse dispostos a colaborar co Concello na promoción actividades, cursos e conferencias sobre a historia da illa e o seu pasado como campo de concentración durante o franquismo.

Revista Cousas de Nº24

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, reuníronse hoxe con algúns dos historiadores e investigadores que asinaron o manifesto “A verdade non se debate”. Neste escrito os estudosos diríxense ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, logo das ambiguas declaracións do presidente o mes pasado, cando amparou a un deputado do seu partido que afirmara en sede parlamentaria que “non lle constaban mortos en San Simón”, campo de concentración franquista. Rueda afirmou “que había que deixar o debate aos investigadores”. Os expertos hai anos que cifran nuns 500 os falecidos a illa, entre eles oito fusilados.

Na xuntanza celebrada este mediodía no Concello participaron Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan González, Dionisio Pereira e Xosé Álvarez Castro. A alcaldesa agradeceulles o manifesto, no que consideran de “extrema gravidade” as afirmacións do presidente a Xunta “polo que supoñen de negación da verdade histórica e de banalización dos sucedido nunha das máis duras e crueis prisións franquistas”.

Na reunión os participantes tamén analizaron a solicitude da Xunta de Galicia para que o goberno central ceda a titularidade do arquipélago a administración autonómica. Actualmente a illa está en usufruto por parte da Xunta, un acordo que expirará en 2027. Tanto os investigadores como o goberno local entenden que se trata dunha “estratexia política” para manter o seu control sobre a illa. Critican que ata o de agora a Xunta Simón non respectou a memoria democrática, até o punto de autorizar neste espazo a organización privada de talleres de ioga, xincanas ou noites de Samaín.

Recuperar a Fundación Illa de San Simón

Rivas lembrou a demanda do Concello de Redondela para que a Xunta recupere a Fundación Illa de San Simón, unha petición á que se suma este colectivo de historiadores. O Concello de Redondela sinala que a fundación é necesaria “para facer un seguimento do que sucede na illa, programar actividades e realizar unha correcta sinalización e contextualización do acontecido na illa”.

A unión da desembocadura do río Verdugo e as mareas, atopamos un chairo mariño rico en mariscos bivalvos e numerosas aves de invernada en plena ría de Vigo. A enseada alberga o arquipélago de San Simón formado por 4 illas: San Bartolomé, San Antonio, San Simón e San Norberto. Unha das máis relevantes é a illa de San Simón, pertencente á Rede Natura 2000. Esta illa estivo ocupada polos templarios nos séculos XII e XIII ata que a excomunión e disolución desta orde deixa a illa en mans da Coroa de Aragón que a doa ao Bispado de Tui no ano 1370 en agradecemento á súa fidelidade. Nos anos posteriores combinarase a ocupación relixiosa da illa con períodos de abandono, asaltos e saqueos por parte dos piratas británicos comandados por Sir Francis Drake. En 1702 chega un episodio histórico, a coñecida como batalla de Rande, que enfrontou ás tropas anglo-holandesas cunha coalición franco-española, na que resultaron vencedoras as primeiras. Despois da batalla saquearon toda a costa e incendiaron o antigo mosteiro de San Simón, que tras unha reconstrución volveu ser destruído e finalmente abandonado no ano 1719, tras outro ataque inglés. Despois de case un século de abandono, e debido ás epidemias de cólera, decídese instalar en San Simón o que sería coñecido como Lazareto de San Simón polo que tiñan que pasar os navegantes procedentes doutros países europeos. O lazareto inaugurouse en 1841 e foi clausurado en 1927, coa chegada da Guerra Civil convértese en cárcere. A partir de 1948 convértese en residencia de verán para os membros da Garda de Franco, pero en 1950 un accidente marítimo acabou coa morte por ahogamiento de corenta e tres membros da Garda de Franco, tras afundirse a súa embarcación "Monchita". Isto precipitou o peche da illa, que tan só volvería ser utilizada entre 1955 e 1963 como fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros. Actualmente, e despois dunha profunda remodelación o complexo parece estar destinado a converterse nun centro de recuperación da Memoria Histórica, con varios edificios restaurados, centro de documentación e biblioteca. Na actualidade as illas están abertas ao público, aínda que hai que pedir autorización para poder visitalas. e no mes de xullo celébrase un dos festivais de música máis exclusivos que podemos atopar na provincia de Pontevedra. Julio Verne O poder de inspiración artística e criadora deste arquipélago foi unha constante na súa historia, porque en San Simón caben infinitas novelas. Lendas de corsarios, de monxes templarios, de batallas, de tesouros ocultos e de viaxeiros chegados de afastadas terras, alimentadas polos múltiples avatares dos que este arquipélago foi testemuña ao longo da historia. En San Simón quixo Julio Verne que recalara o capitán Nemo nas súas Vinte mil leguas de viaxe submarina, marabillado pola lenda dos tesouros dos galeóns afundidos na batalla de Rande. Unha pasaxe que evocaría Carlos Núñez, un referente na música galega, que fala de San Simón e do Nautilus no disco Maio Longo, recollendo a testemuña dos trobadores medievais que, como Meendinho, dedicaron as súas cantigas a San Simón e á ría de Vigo. Grazas ás narracións do escritor Joaquín Dicenta coñecemos tamén a vida cotiá no lazareto durante un dos períodos decisivos na historia da illa, e foron incontables os novelistas, poetas, escultores ou músicos de todos os tempos que nela atoparon a forza evocadora para as súas composicións. A Batalla de Rande Quizais fosen as súas óptimas condicións naturais ou a súa proximidade á cidade de Vigo os factores que motivaron que a illa fose testemuña de numerosos acontecementos violentos provocados por conflitos territoriais e incursións armadas. Un dos episodios máis coñecidos e a batalla de Rande, na que o arquipélago viuse inmerso o 23 de outubro do ano 1702, cando unha flota armada anglo-holandesa atacou as naves españolas e francesas na enseada de San Simón, en plena Guerra da Sucesión. Os galeóns españois cargados co maior envío que se coñecía de tesouros procedentes de América, entraron en Vigo o día 22 de setembro de 1702. Refuxiáronse no fondo da ría, pero os anglo-holandeses descubriron o agocho do prezado cargamento. Os españois estaban preparados para a incursión, protexidos pola escuadra francesa, con canóns en terra e cadeas cruzadas na ensenada para impedir a entrada dos buques inimigos. Finalmente, o 23 de outubro comezou a batalla. Os anglo-holandeses conseguiron conquistar as defensas de terra cun ataque anfibio logrando unha vitoria que se repetiría no mar tras menos de dez horas dun combate, que deixou os navíos franceses en chamas e abriu unha vía libre para chegar aos cobizados galeóns españois cargados de tesouros. Os españois afundiron os seus barcos e hai historiadores que afirman que foron tragados polo mar con parte da súa prezada carga a bordo. Os atacantes vitoriosos non puideron evitar, á súa partida, que encallase o único galeón apreixado, que finalmente afundiría na saída da ría de Vigo, alimentando dese modo a lenda. Antes de abandonar a enseada os ingleses saquearon a illa de San Simón e, segundo relata Frei Jacobo de Castro, acoitelaron as imaxes dos santos e queimaron a igrexa. Tan célebre foi a batalla de Rande que Vigo gañou unha rúa en Londres para lembrar a vitoria británica na súa ría. Ademais, esta contenda é quizais a maior fonte de lendas relacionadas coa enseada e a illa de San Simón. O mito do tesouro segue vivo e non só reparou nel Jules Verne. Ao longo da historia sucedéronse as expedicións para buscar o ouro dos vellos galeóns que repousan no fondo da ría.

Coa declaración de San Simón como Lugar da Memoria Democrática, tal como anunciou o Ministerio de Política Territorial, a illa contará cun réxime de protección e usos compatibles, polo que “a recuperación da Fundación Illa de San Simón é máis necesaria ca nunca”.

Conferencias e cursos

A alcaldesa manifestou a intención do Concello de organizar un programa de conferencias e cursos sobre a historia de San Simón. Realizaranse actividades para o público en xeral e outras dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos do municipio. “Temos que explicarlle ás novas xeracións o que pasou na illa durante a Guerra Civil e os anos de represión, porque moitos descoñecen esa historia”, sinala Rivas. Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan González, Dionisio Pereira e Xosé Álvarez Castro amosáronse dispostos a colaborar co Concello na promoción actividades en relación á Memoria Democrática da illa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.