spot_img
InicioVigo e áreaVigoGrupos de España, Eslovaquia, Angola e Panamá participan no XXXI Festival Folclórico...

Grupos de España, Eslovaquia, Angola e Panamá participan no XXXI Festival Folclórico Internacional

grupos-de-espana-eslovaquia-angola-e-panama-participan-no-xxxi-festival-folclorico-internacional
grupos-de-espana-eslovaquia-angola-e-panama-participan-no-xxxi-festival-folclorico-internacional

A Porta do Sol será escenario, dende este martes 22 ao venres 25 de xullo, da XXXI edición do Festival Folclórico Internacional de Vigo á que o alcalde anima a asistir por contar coa presenza de grupos de catro países: España, Angola, Panamá e Eslovaquia.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O alcalde presentou co concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, así como con Pablo González, da Asociación Cultural Interfolc de Vigo, a autora do cartel anunciador, Sofía González, e Roberto Giráldez, director técnico de Interfolc, a nova cita coa música e a danza folclórica que terá lugar a partir do martes da semana que vén na Porta do Sol.

As actuacións comezarán ás nove e media da noite os días 22, 23 e 24. O venres 25 está programado o desfile de clausura desde o museo MARCO ata a Porta do Sol.

Os catro días do festival achegarán ao público ás tradicións non só do folclore galego e español, xa que está prevista a actuación de formacións de Angola, Eslovaquia e Panamá. Ademais dos grupos de Galicia, compartirán escenario formacións de Valladolid, Albacete e Canarias.

O concerto poderase seguir por streaming: https://www.youtube.com/live/3M3JRi6h1KM

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.