spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar lembra a importancia de recoller o lixo coas mensaxes do alumnado...

Gondomar lembra a importancia de recoller o lixo coas mensaxes do alumnado do CEIP Donas

Gondomar lembra a importancia de recoller o lixo coas mensaxes do alumnado do CEIP DonasO curso de 3º de primaria do centro completou a actividade ambiental que desenvolveron nas últimas semanas en clase, instalando nas papeleiras do Parque da Coelleira carteis lembrando a importancia do seu uso

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, recibiu aos pequenos e pequenas no concello e agradeceu “o traballo tan importante que facedes para defender o noso medio ambiente e manter limpo Gondomar”. Engadiu que “sodes todo un exemplo para todos nós”.

Gondomar lembra a importancia de recoller o lixo coas mensaxes do alumnado do CEIP DonasO alumnado do Souto Donas, acompañado por tres das súas profesoras, repartiron polas papeleiras do Parque da Coelleira que deseñaran previamente no colexio e adaptado para fixalas nelas. Con axuda dun funcionario municipal, aparafusaron os letreiros coa mensaxe clara que neles quérese trasladar: “Se tiras lixo  ao  chán, @s  nen@ s tristes estarán”.

Un traballo que dende o concello se preparou para que luza tamén como un cadro no colexio “para que vos acordedes sempre do gran traballo que fixestes en materia de concienciación”, asegurou o alcalde, que estivo acompañado neste encontro pola edil de Educación, Araceli Regueiro, e o responsable de Medio Ambiente, Brais Misa.

Os pequenos e pequenas do Souto Donas terminaron a mañá realizando unha recollida de entullos, papeis ou residuos que se atoparon no traxecto da súa excursión.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.