spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar instala colectores para a recollida de cartuchos de tinta e tóner

Gondomar instala colectores para a recollida de cartuchos de tinta e tóner

Gondomar instala colectores para a recollida de cartuchos de tinta e tónerO Concello de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, poñerá en marcha unha nova iniciativa destinada a favorecer a reutilización e reciclaxe de materiais que utilizamos no no so día a día e que son altamente contaminantes.
É o caso dos cartuchos de tinta e tóner das impresoras que, a partir de agora, poderán depositarse en 6 contedore s específicos para a súa recollida que se colocarán en dependencias municipais accesibles a todos os cidadáns como son o Rexistro Municipal do concello e as instalacións do antigo centro de saúde, ocupadas actualmente polos departamentos de Medio Am biente e Benestar Social e Igualdade , ou a xefatura de policía local, entre outros.
O servizo será gratuito e unha empresa especializada no sector será a encargada de trasladar o material á planta na que dividirán os seu s distintos compoñentes dos que se obten plástico, ferro, aceiro ou po que se destinan á elaboración de novos elementos, mesmo electricidade.
Desde a concellería de Medio Ambiente puxéronse ata o de agora en marcha diferentes accións dirixidas a promocion ar a reutilización e reciclaxe como a promoción da compostaxe, con repartición de case 300 composteiros individuais, a localización de colectores de pilas en distintos puntos de Gondomar, ou o desenvolvemento de campañas de formación e información ambiental entre a veciñanza, en xeral, e prestando especial atención ás novas xeracións.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.