Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar iniciará os trámites para dotar de bandeira oficial ao municipio

Gondomar iniciará os trámites para dotar de bandeira oficial ao municipio

Gondomar iniciará os trámites para dotar de bandeira oficial ao municipioO alcalde do municipio, Paco Ferreira, trasladou esta idea á Directora Xeral de Administración Local, e presidenta da Comisión Heráldica de Galicia, Marta Fernández Tapias, na súa primeira visita institucional a Gondomar

Ferreira expuxo a intención do seu goberno de poñer en marcha o proceso que permita dotar deste símbolo ao municipio, sintetizando nel “as características que nos definen como sociedade, como pobo, tanto xeográficas como históricas, tal e como se fixo no seu día co noso escudo”.

Unha idea que aplaudiu a responsable do goberno autonómico que como presidenta da Comisión Heráldica de Galicia comprometeuse a facilitar e iniciar os trámites necesarios para dotar a Gondomar dunha bandeira canto antes, traballo que explicou será máis sinxelo porque se traballará xa sobre o propio escudo do municipio.

O alcalde anunciou que formalizará a petición en breve. Unha vez superado este paso, expertos da Comisión Heráldica trasladaranse ao concello para asesorar e colaborar no deseño da bandeira, elaborando as propostas e memorias heráldicas necesarias que deberá aprobar o pleno da corporación por maioría absoluta.

Tras a exposición pública e resolución de alegacións, remitiranse á Comisión Heráldica de Galicia para que emita o informe, preceptivo e vinculante, que se elevará ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Ademais, nesta primeira visita institucional o alcalde aproveitou para lembrar a importancia da colaboración entre administracións, demandando a mediación da Directora Xeral en cuestións como as futuras obras que acometerá a Xunta de Galicia na contorna da Pasaxe.

“É importante que traballemos da man neste ámbito, tendo en cuenta que practicamente ao mesmo tempo desde o goberno local poñerase en marcha o reparcelamento do polígono e, o obxectivo é optimizar esforzos e ocasionar as menores molestias posibles a veciños e empresarios”, sinalou Paco Ferreira.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies