spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaGaliza Branco e Negro, exposición colectiva de fotografía no Multiusos de Redondela

Galiza Branco e Negro, exposición colectiva de fotografía no Multiusos de Redondela

A Sala I de exposicións do Multiúsos da Xunqueira acolle dende o sábado 1 de novembro, a exposición colectiva de fotografía Galiza Branco e Negro.

 Galiza Branco e Negro, exposición colectiva de fotografía no Multiusos de RedondelaTrátase dun proxecto no que participan 40 autores galegos, algúns profesionais e outros afeccionados á fotografía, aglutinados arredor dun grupo que se creou na rede social Facebook e no Flickr, onde comparten experiencias, fotografías e vivencias da rede e de diferentes xuntanzas. A partir dese nexo de unión decidiron reunir unha colección das obras máis representativas do colectivo co fin de pasalas ao papel e organizar unha exposición colectiva itinerante por toda a xeografía galega e tamén alén Miño.

A súa paixón común, a fotografía, lévaos a experimentar co procesado en branco e negro. Son fotógrafos, algúns profesionais e moitos deles afeccionados, que comparten inquedanzas e imaxes. Formaron no ano 2009 o grupo Galiza Branco e Negro (Galiza B/N), un colectivo que foi medrando tanto en número de membros como na calidade das obras compartidas.O fundamento da fotografía en branco e negro está en centrar a mirada na imaxe, é a esencia da imaxe a que ten o protagonismo. Na exposición hai fotografías de todo tipo e case a metade son instantáneas onde prima o factor humano, hai un presenza importante da persoa, e a visión céntrase na propia imaxe, sen adobíos nin distraccións.

A temática é libre, e a única característica común a todas elas é que son en branco e negro.

Poderase visitar no horario habitual de apertura do Multiúsos da Xunqueira, do 1 ao 30 de novembro de 2014.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.