spot_img
InicioGaliciaGalicia traballará co ICTE na posta en marcha de certificacións de seguridade...

Galicia traballará co ICTE na posta en marcha de certificacións de seguridade sanitaria no sector turístico

Galicia traballará co ICTE na posta en marcha de certificacións de seguridade sanitaria no sector turísticoA Xunta de Galicia traballará xunto co Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE) na posta en marcha de certificacións de seguridade sanitaria no sector turístico que permitan reforzar a confianza dos traballadores e usuarios ante o novo escenario post Covid-19.

Así o avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, tras presidir a primeira xuntanza do grupo de traballo creado a instancias do Goberno galego para elaborar un plan sanitario adaptado ás diferentes actividades desta industria.

No encontro, celebrado por videoconferencia, estiveron presentes a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto con representantes doutros departamentos e organismos da Xunta como o Sergas, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) ou o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). Tamén participaron na xuntanza membros da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp), representantes do sector a través do Clúster Turismo de Galicia, o presidente do Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE), Miguel Mirones, xunto con expertos como o catedrático de Medicina Preventiva da Universidade de Santiago (USC), Juan Gestal.

O titular de Cultura e Turismo incidiu na necesidade de traballar con planificación e anticipación para situar Galicia como un destino fiable e calidade unha vez se levanten as restricións derivadas do estado de alarma. Para lograr este obxectivo, acordouse, por unha banda, consensuar unha serie de protocolos e estándares que acrediten a adopción de medidas de seguridade e hixiene por parte dos distintos establecementos do sector, así como dos destinos da Comunidade.

En paralelo, decidiuse poñer en marcha certificacións que recoñezan a aqueles locais e destinos que cumpran as medidas recollidas nos citados protocolos, garantindo así a calidade da súa oferta e ofrecendo unha maior seguridade ao usuarios.

Actuar con garantías e axilidade

Segundo puntualizou Román Rodríguez, é necesario actuar con garantías e axilidade, permitindo a acreditación da seguridade dos establecementos unha vez rematen as restricións derivadas do estado de alarma, co obxectivo de favorecer a recuperación do sector coa maior rapidez. Neste sentido, explicou que Galicia conta na actualidade con preto de 1000 empresas certificadas con selos como a Q de Calidade ou o distintivo Sicted que poderían obter tamén un recoñecemento que acredite a súa seguridade sanitaria incorporando novos criterios de hixiene ás auditorías realizadas.

O conselleiro de Cultura e Turismo lembrou a necesidade de situar Galicia como un destino seguro para impulsar a reactivación do sector, dotar de maior confianza aos usuarios e achegar certezas ao tecido económico galego. Deste xeito, lembrou que a nosa Comunidade conta coas condicións idóneas para situarse como un referente neste eido, ao contar cunha oferta turística ligada a valores como a natureza, a paisaxe, a enogastronomía ou ao Camiño de Santiago.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.