spot_img
InicioGaliciaGalicia repite como a comunidade con máis sendeiros azuis cun total de...

Galicia repite como a comunidade con máis sendeiros azuis cun total de 35 itinerarios recoñecidos, 6 máis que en 2022

Galicia repite como a comunidade con máis sendeiros azuis cun total de 35 itinerarios recoñecidos, 6 máis que en 2022Galicia repite como a comunidade española con máis sendeiros azuis cun total de 35 itinerarios recoñecidos, o que supón 6 máis que o pasado ano 2022, segundo salientou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez

Cousas de revista nº16

Durante o izado do distintivo concedido ao sendeiro de Saldoiro de Caión, no Concello da Laracha, Ángeles Vázquez, explicou que este recoñecemento, concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna.
No caso concreto do Sendeiro de Saldoiro, que obtén este recoñecemento por décimo ano consecutivo, trátase dun itinerario litoral de apenas dous quilómetros que parte do centro de Caión e vai bordeando a praia ata o arroio de Figueirido adentrándose no municipio de Carballo.
Cómpre salientar que este ano Galicia conta con 35 sendeiros azuis pertencentes a 20 concellos, dos que 7 están na provincia da Coruña, 4 na de Lugo e 9 na de provincia. Por municipios, Ángeles Vázquez fixo fincapé en que Sanxenxo, con 7 itinerarios recoñecidos, é o municipio español con máis galardóns.
En canto á comparativa a nivel nacional, por detrás de Galicia sitúase a Comunidade Valenciana, con 22 itinerarios azuis, Andalucía, na que reciben este recoñecemento 14 rutas, e Murcia, que en 2023 contará cunha decena de sendeiros con bandeira azul.
Logo de lembrar que o ano pasado se organizou por primeira vez en Madrid un acto específico e oficial para recoñecer a todos os sendeiros azuis premiados no país, a conselleira subliñou que nesta ocasión a cerimonia celebrouse en Santiago de Compostela o pasado 24 de febreiro como recoñecemento a ser a Comunidade que acumula o maior número de distintivos deste tipo desde a creación do galardón.
De feito, a conselleira subliñou que este ano a entrega dos galardóns adiantouse varios meses con respecto ao habitual —finais de maio— co fin de que todas as rutas poidan lucir as súas insignias xa en Semana Santa e sirva tamén, desde xeito, como reclamo turístico.
- Publicidade -spot_img