spot_img
InicioVal MiñorBaiona“Galegas Dixitais” forma a 26 mulleres de Baiona

“Galegas Dixitais” forma a 26 mulleres de Baiona

galegas-dixitais-forma-a-26-mulleres-de-baionaUn total de 26 baionesas participan no programa de formación gratuíta “Galegas Dixitais”, que ten por obxectivo a dixitalización das mulleres na procura de emprego e que este mércores arrincou co acto de presentación no auditorio de centro multiusos Ángel Bedriñana.

Revista COUSAS DE Nº18

Do 4 de outubro ao 15 de novembro, en horaraio de 9 a 14 horas, as alumnas rexistradas participarán nunha formación de 120 horas sobre competencias dixitais básicas, avanzadas e para o emprendemento con sesións impartidas por Beproject Consultores e Ara Formación neste espazo do Concello de Baiona.

O programa,  é totalmente gratuíto promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

Con clausura do curso, as mulleres participantes recibirán un diploma acreditativo de todo o aprendido durante a formación e un computador portátil.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a Concelleira de Igualdade, Sheila González Martins, acudiron ao acto de presentación e inicio do curso para dar a benvida ás participantes á primeira hora desta mañá.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.