spot_img
InicioBaixo MiñoGala de entrega dos Premios Cidade de Tui 2025

Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui 2025

gala-de-entrega-dos-premios-cidade-de-tui-2025O Teatro Municipal de Tui acolleu onte a gala de entrega dos Premios Cidade de Tui 2025

Revista Cousas de Nº24

Na categoría individual o premio de forma ex aequo foi para os irmáns Manuel e Marita Vázquez de la Cruz e na colectiva Sociedad Tuy Salceda. Asociación Mutual, Cultural y Recreativa” de Bos Aires, que recolleu o seu presidente Horacio Santarelli.
.
Houbo amais un recoñecemento de forma póstuma para Javier Sánchez de Dios, Xabier Añoveros Trias de Bes, e Xosé Martínez Tato.
.
Na súa intervención, o alcade de Tui, Enrique Cabaleiro destacou que “se tiveramos que buscar unha característica común ás persoas que hoxe galardoamos non se me ocorre outra palabra que non fose o compromiso. Todas e cada unha destas persoas a súa vida é e foi un constante compromiso. Un compromiso, ademais, inequívoco e inquebrantable con estas cidade, con este Concello, coa súa veciñanza e, en definitiva, co conxunto das sociedade civís, e por iso son un exemplo para todos nós”.
.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente destacou coma con estes premios, creados hai cinco anos, recoñécese a relevante labor que “facedes, paseniñamente todos vos, unha labor de persoas físicas, xurídica para o progreso da nosa cidade pola súa achega en calquera dos ámbitos da nosa sociedade,… e que teñan contribuído a engrandecer e difundir a nosa cidade, Tui, o noso patrimonio, e por suposto a todos vos, os seus cidadáns”.
.
A Banda de Gaitas de Paramos foi a encargada de abrir o acto interpretando Marcha do Matos e Pedáneo e no remate o Himno Galego.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.