O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, puxeron en marcha hai 4 anos este certame
O premio que está previsto que se entregue o día 10 de abril no multiusos de Fornelos é xa un referente en toda Galicia, contando en cada edición cunha ampla participación d@s mais destacad@s poetas galeg@s e está contribuíndo a que Fornelos de Montes ocupe un lugar destacado no eido da cultura galega.
BIOGRAFIA
Fillo de Albino Lueiro Soto, mestre. Aínda que naceu en Fornelos de Montes, foi vivir ao Grove cando só contaba con sete anos. Comprometido coas ideas democráticas progresistas milita clandestinamente no Partido comunista.
Dende 1944 traballa como técnico do Ministerio de Facenda en Pontevedra e desenvolve unha abondosa produción literaria. Escribiu na prensa co pseudónimo Gudea. Formou parte da chamada Xeración do 36.
En 1966 consegue o Premio Ciudad de Oviedo con Manso, novela que publicará en 1967 en España mutilada pola censura e que foi editada íntegra en Bos Aires ao ano seguinte e traducida ao galego en 1996.
Escritor en castelán, Non deberían medrar (1974) foi o seu primeiro libro en galego, ao que seguirían varios poemarios, algúns deles publicados postumamente.
Lea mais.- Manuel Lueiro Rey




