spot_img
InicioGaliciaFondos europeos permitirán a construción de máis de 106 quilómetros de sendas...

Fondos europeos permitirán a construción de máis de 106 quilómetros de sendas peonís e ciclistas en Galicia para proporcionar accesos seguros e sustentables aos puntos clave de cada vila

Fondos-europeos-permitirán-construción-106-quilómetros-sendas-peonís-ciclistas-Galicia-para-proporcionar-accesos-seguros-sustentables-puntos-clave-cada-vilaA Consellería de Medio Ambiente defende a aposta da Xunta polas “infraestruturas verdes” na presentación das iniciativas que se levarán a cabo grazas aos recursos do novo Programa Operativo Feder 2014-2020

Ethel Vázquez participou esta mañá nunha mesa sobre o O investimento FEDER en Galicia: necesidades e retos cara o 2020, onde destacou que estas sendas repercutirán de forma beneficiosa na calidade de vida dos cidadáns, que acceder en mellores condicións aos servizos, como centros de saúde, polideportivos e parques, entre outras.

A conselleira de Medio Ambiente destacou a aposta da Xunta pola mobilidade sostible, poñendo en marcha “actuacións eficientes que sacarán o máximo rendemento dos fondos europeos”. Así, informou que, neste momento, están en proceso de contratación os estudos a nivel de comarcas que definirán as zonas prioritarias para a construción destas sendas e que incluirán a redacción dos proxectos construtivos.

Intermodalidade urbana
A responsable de Medio Ambiente explicou que outra das liñas de acción que se levarán a cabo é o impulso á implantación dun sistema de xestión de transporte en todo o territorio galego, que garanta a intermodalidade urbana e rural, que coordine os diferentes servizos e que consiga “un transporte colectivo do século XXI”.

Así mesmo, referiuse á execución das infraestruturas de transporte de viaxeiros necesarias para a consecución da intermodalidade en disintas cidades galegas, unha materia para a que se van dispoñer de 27,5 millóns de euros que mobilizarán un total de 34,37 millóns.

Polo tanto, segundo aclarou, os fondos europeos que permitirán realizar os investimentos destinados á execución das novas estacións de autobuses integradas coas de ferrocarril.

Así, avanzou a licitación hoxe da redacción do proxecto da estación intermodal de Vigo, e mañá, martes 31, licitaranse os estudos para as novas terminais de autobuses de Santiago e Coruña integradas coas de ferrocarril

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.