spot_img
InicioVigo e áreaVigoFomento, Xunta e Concello de Vigo acordan colaborar para desenvolver a estación...

Fomento, Xunta e Concello de Vigo acordan colaborar para desenvolver a estación intermodal de Vigo

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2226/ethel-vazquez-destaca-que-modificacion-lei-solo-proposta-pola-xunta-garante-execucionA ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, a conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez e o alcalde de Vigo, Abel Caballero reuniéronse onte en Madrid.

Ethel Vázquez destacou que a modificación da Lei do Solo proposta pola Xunta garante a execución da estación intermodal de Vigo mediante unha solución urbanística áxil e segura. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, estivo acompañada pola directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas e a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

A Xunta ofreceu nesta xuntanza a máxima colaboración para acadar unha solución urbanística que permita desenvolver a estación intermodal de Vigo con todas as garantías xurídicas.

Desbloquear urbanísticamente os proxectos máis importantes para Vigo é a proposta anunciada polo presidente da Xunta o pasado venres: unha modificación da Lei do Solo que permitirá dar amparo xurídico de forma áxil e segura a proxectos de interese público ou de utilidade social, como é o caso.

Trátase dun trámite de entre 7 e 8 meses dende a presentación do proxecto, que, en todo caso, permitiría executar a estación intermodal, dado que se trata dun proxecto de evidente utilidade pública, sempre e cando conte co visto bo do Concello.

Ethel Vázquez destaca que a modificación da Lei do solo proposta pola Xunta garante a execución da estación intermodal de Vigo mediante unha solución urbanística áxil e segura

Vázquez subliñou a importancia de avanzar con responsabilidade nesa dirección, cada partido e cada administración no ámbito das súas competencias, para conseguir que Vigo e os vigueses conten o antes posible coas infraestruturas que precisan e que demandan.

Cómpre lembrar que no proxecto da intermodal conflúen o Ministerio de Fomento, que logo de executar a estación do AVE, ten en fase de contratación as obras do centro Vialia; a Xunta de Galicia, que xa traballa na redacción do proxecto construtivo da estación de autobuses integrada na mesma parcela; e o Concello, que segundo os seus propios compromisos e seguindo o modelo do resto das cidades, debe proporcionar os accesos que garantan a funcionalidade da estación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.