Este venres a sede da Casa Galega da Cultura, de Vigo, aolleu a inauguración desta exposición conmemorativa da publicación do libro en Bos Aires e da constitución da institución política do exilio, que tivo lugar o 15 de novembro de 1944.
A mostra consta de paneis informativos e materiais bibliográficos e documentais pertencentes aos fondos da Fundación Penzol, están relacionados con ambos eventos.
O acto inaugural contou coa participación do comisario da exposición, Henrique Monteagudo, director da Cátedra Castelao da USC e padroeiro da Fundación Penzol; Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol, e do Concelleiro de Cultura, Gorka Gómez





