Inicio Alto Minho Eurocidade Tui-Valença presentouse en FITUR coma destino único e privilexiado en España

Eurocidade Tui-Valença presentouse en FITUR coma destino único e privilexiado en España

Eurocidade

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro convidou en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, en Madrid, a coñecer unha Eurocidade única en España. Coa súa intervención remataba a presentación da Eurocidade Tui-Valença baixo o titulo “Mil anos de historia”.

Gran expectación houbo ante este evento realizado no posto de Turgalicia e que contou coa presenza da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, amais do concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso e do vareador de Turismo de Valença, José Monte.

A proxección dun vídeo no que se amosou o patrimonio cultural, natural, deportivo, gastronómico,.. tanto de Tui coma de Valença con “séculos de memoria compartida” abriu esta presentación na que o Camiño de Santiago tivo tamén protagonismo ao ser a Valença o último punto en Portugal do Camiño Portugués e Tui a porta a entrada  a Galicia do mesmo. As pontes internacionais, rúas comúns da Eurocidade, a Fortaleza de Valença, o Parque Natural do Monte Aloia, a gastronomía resaltaron en imaxes ao longo de sete minutos de proxección a Tui e Valença coma un destino privilexiado.

A continuación interveu o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, pechando o acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completando así os 25 minutos dos que dispuñan.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva desta presentación por ter a oportunidade dar a coñecer a marca de calidade da Eurocidade. Aproveitou para resaltar a riqueza patrimonial e natural das dúas cidade, facendo fincapé na diversidade de ocio ligada ao río Miño, a variedade da riqueza gastronómica e hostaleira.

A presenza en FITUR é a primeira cita coas feiras de turismo que ten a Eurocidade, xa que no mes de marzo acudirá, con posto propio, á BTL que se celebra en Lisboa.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies