spot_img
InicioBaixo MiñoEste sábado a Casa Forestal de Oia acolle o "I Simposio Serra...

Este sábado a Casa Forestal de Oia acolle o “I Simposio Serra da Groba e Argallo”

"Polos cumes da Groba. O hábitat do último cabalo salvaxe do mundo". Nova Xeira do IEM en BaionaA plataforma Turonio organiza o “I Simposio Serra da Groba e Argallo-Patrimonio natural, etnográfico e cultural”, o cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia na tarde do vindeiro sábado 8 de xullo.

Revista COUSAS DE Nº18

Diferentes relatores dende o mundo académico, o da investigación ou o activismo ambiental e cultural exporán, en diversas intervencións, os principais valores naturais e culturais que agochan os nosos montes. Ao remate realizarase unha mesa redonda na que as persoas encargadas dos relatorios abordarán diferentes cuestións.

Este evento é o primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a declaración da Serra da Groba e Argallo como Espazo Natural Protexido.

A xornada comezará as 18:00h na Casa Forestal de Santa María de Oia, (coordenadas: 41.999232, -8.855919). A entrada é de balde.

DETALLE DO PROGRAMA:

-“Un patrimonio natural a conservar: matogueiras e turbeiras da Serra da Groba”.

César A. Blanco Arias. Técnico de investigación do proxecto RURALtXA! Univ. Santiago de Compostela.

-“Os cabalos salvaxes da Serra da Groba: Un patrimonio natural, etnográfico e cultural”.

Laura Lagos Abarzuza. Investigadora asociada do proxecto RURALtXA! Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, Univ. da Coruña.

-“Biodiversidade ameazada da Serra da Groba”.

Manuel A. Pombal Diego. Profesor da Univ. de Vigo e membro de ANABAM.

-“Serra da Groba. Arqueoloxía, etnografía e patrimonio vivo”.

Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso. Membros do Instituto de Estudos Miñoráns e SOS Groba.

-“A Serra da Groba como clave para a sostibilidade do territorio. Unha proposta para un espazo protexido”.

Juan Hermida. Director do Instituto de Estudos Miñoráns.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.