spot_img
InicioO MorrazoBueuEntrega dos premios do II Maratón Fotográfico San Martiño organizado polo Concello...

Entrega dos premios do II Maratón Fotográfico San Martiño organizado polo Concello de Bueu

A Praza de Abastos acolleu este venres o acto de entrega de premios aos agasallados/as do II Maratón Fotográfico San Martiño
A Praza de Abastos de Bueu foi o escenario elixido para acoller o acto de entrega dos premios do II Maratón Fotográfico San Martiño organizado polo Concello de Bueu e Argo Navis. O xurado tivo una complicada deliberación final trala ampla participación na iniciativa, na que un total de 19 persoas enviaron ás 55 fotos concursantes (39 correspondentes á categoría adulta e 18 na categoría infantil/xuvenil). A isto hai que sumar ao total de 25 persoas que participaron nos percorridos fotográficos da pasada fin de semana. Finalmente, ademais das fotografías finalistas seleccionadas para formar parte da exposición, escolléronse as tres fotografías gañadoras en cada categoría, sendo os resultados finais:
CATEGORÍA ADULTA
1ºPREMIO_ Luis Peiteado Asorey
O xurado escolleu esta foto grafía pola posta en valor da XXIII Carreira Pedestre de San Martiño de Bueu e por escoller un momento e encadre atípicos xa que se trata o momento previo á saída da carreira.
2ºPREMIO_ Tania Martínez
O xurado destacou o valor universal da imaxe, representativa dunha época do ano, o outono, e da tradición en torno ao castañeiro.
3ºPREMIO_ Esteban Piedras Abal
Esta foto confronta o valor do novo co valor do vello, así se ven unhas mans de persoa maior que repasa fotos antigas fronte á propia foto, feita na época actual. A exposición de fotos que se ve na imaxe pertence a XVII Mostra de fotos antigas organizada pola A.C. Santos Reis.CATEGORÍA INFANTIL/XUVENIL
1º PREMIO_Celia Lorenzo Manteiga
2º PREMIO_ Iago Pastoriza Gallego
3º PREMIO_ Julio Pastoriza Gallego
No caso dos cativos, o xurado valorou a frescura e espontaneidade da súa mirada, dende o retrato dunha nena co traxe tradicional feito dende a perspectiva de outra nena ao castiñeiro en pleno funcionamento acabando cunha divertida composición de follas que voan feita no roteiro infantil.
No acto entregáronse os agasallos dos lotes de premios, nos que colaboraran Libraría Miranda, A Despensa na terra e a Asociación Xoán XXIII de Cangas, ademais do establecemento Noite Tapas no desenvolvemento dos percorridos.
O xurado estivo composto por unha persoa representante do Concello de Bueu e unha de Argo Navis, contando este ano con Raquel Calviño, profesional da fotografía convidada, quen vén de inaugurar a súa exposición “Estar é Ser” no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A exposición coas fotos seleccionadas e gañadoras que se inaugurou este venres estará ata o 26 de novembro na segunda planta da Praza de Abastos de Bueu, en horario de apertura da praza.
- Publicidade -spot_img