spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaEntrega do XXXII Premio Blanco Amor de Novela Longa

Entrega do XXXII Premio Blanco Amor de Novela Longa

A Concellaría de Cultura celebra mañá o acto de entrega da XXXII edición do Premio Blanco Amor de novela longa, organizado este ano polo Concello de Redondela.

O xornalista vigués Fran P. Lorenzo é o gañador desta edición pola súa obra Cabalos e lobos. O acto de entrega do premio celebrarase o sábado 22 de novembro, ás 12.00 h, no auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela.

Entrega do XXXII Premio Blanco Amor de Novela LongaEste galardón literario, que premia unha novela longa en lingua galega, convocouse por primeira vez no ano 1981 por iniciativa do Concello de Redondela, co obxectivo de render homenaxe a unha das grandes figuras da literatura do noso país: Eduardo Blanco Amor. A organización do premio, convocado polos concellos e as deputacións galegas, vai rotando cada ano polos diferentes concellos participantes, e nesta edición a organización recaeu novamente no Concello de Redondela.

O xurado desta XXXII edición estivo formado por Camiño Noia, Olivia Rodríguez, Xosé Antón Palacio e Xosé Luís Franco Grande, que decidiron outorgar o premio, por unanimidade, á novela Cabalos e lobos, que concorreu ao galardón de entre corenta obras presentadas, e que nos leva ata o Vigo dos anos da II Guerra Mundial. O premio está dotado con 12.000 euros.

O acto de entrega estará presentado e conducido pola poetisa Yolanda Castaño, e contará coa actuación musical da cantante María do Ceo. Ademais estará presente tamén Ignacio Vilar, director do filme que se estrea estes días nas salas de todo o país, A Esmorga, baseado na novela homónima de Blanco Amor, e parte do equipo da película.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.