spot_img
InicioCondado ParadantaEn Ponteareas un xogo permite coñecer a historia de María Agustina Sarmiento,...

En Ponteareas un xogo permite coñecer a historia de María Agustina Sarmiento, unha das meninas de Velázquez

en-ponteareas-un-xogo-permite-conecer-a-historia-de-maria-agustina-sarmiento-unha-das-meninas-de-velazquez
@ConcelloPonteareas

O Convento dos Pais Franciscanos de Canedo acolleu onte a presentación oficial do ‘Escape Room’ por parte do Concello de Ponteareas e para anunciar que se abrirá unha nova convocatoria, dado o éxito da primeira, con todas as prazas reservadas en poucos días.

Revista Cousas De Nº20

O acto contou coa presenza da alcaldesa, Nava Castro, o concelleiro de Educación, Ricardo González, o Pai franciscano, José Manuel Pombo, o xerente da empresa que ideou o circuíto, Fernando Carballo e o historiador Gonzalo Fernández. que explicou a importancia da ilustre veciña

O Concello de Ponteareas ante o éxito desta convocatoria – máis de medio milleiro de persoas coñerán a historia de María Agustina Sarmiento – anuncia novas datas para esta actividade dirixida a todos os públicos, coa que recupera a figura de María Agustina, unha das meninas representadas no famoso cadro de Velázquez e que naceu e viviu neste municipio pontevedrés.

‘Escape room’ é un xogo de aventura que consiste en encerrar a un grupo de persoas nunha habitación, onde deberán solucionar enigmas e mesmo probas para poder saír.

A actividade desenvólvese no que era o Palacio dos Sarmiento, actualmente convertido en convento, un emblema de Ponteareas. Que o lugar escollido sexa precisamente o que era o palacio de María Agustina fai a experiencia aínda máis interesante.

Pola semana, a actividade diríxese a colexios e compleméntase tamén con excursións e visitas a outros lugares destacados da vila. As fins de semana ábrese ao público xeral e toda a familia pode gozar desta experiencia que xa planean ampliar debido á boa acollida.

Lucus Scape Room é a empresa encargada de poñer en marcha a actividade que polo momento está a ser todo un éxito. 

María Agustina Sarmiento de Sotomayor viviu nunha época na que pasar á posteridade sendo muller non era sinxelo. Despois dunha vida case que en segundo plano, non se imaxinaba esta nobre de orixe galega que a súa localidade natal ía honrar séculos despois montando un ‘escape room’ na súa honra. Tamén é verdade que primeiro tería que saber que era iso.

Aínda que naceu en Ponteareas, trasladouse á corte a Madrid. Tiña pouco máis de 9 anos cando comezou a servir á princesa Margarita Teresa – a quen ofrece un búcaro de auga no famoso cadro-. Desde ese momento a súa vida, transcorreu entre estudos, xogos e atencións á princesa, e foi no medio desa vida na corte como coñece a Velázquez, quen enseguida lle tomou aprecio á nosa protagonista.Tanto é así que acabou casándose precisamente cun amigo do pintor, o Conde de Aguilar, con quen volveu a Ponteareas para facerse cargo das propiedades do condado de Salvatierra.

- Publicidade -spot_img