spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaDúas nenas saharauís chegan á Guarda dentro do programa “Vacacións en Paz”

Dúas nenas saharauís chegan á Guarda dentro do programa “Vacacións en Paz”

Dúas nenas saharauís chegan á Guarda dentro do programa “Vacacións en Paz”Son dúas nenas saharauís procedentes dos campos de refuxiados de Tindouf en Alxeria

Revista COUSAS DE Nº18

O pasado luns 31 de xullo foron recibidas polo Grupo de Goberno e técnicas de Xuventude e Familia no concello da Guarda dúas nenas saharauís procedentes dos campos de refuxiados de Tindouf en Alxeria e a súa familia de acollida.

Son 232 os nenos e nenas saharauís que este verán chegaron a Galicia no marco do programa “Vacacións en Paz”, que foron acollidos por case 200 familias coas que compartirán o verán ata o seu regreso na primeira semana de setembro.

Dende o concello da Guarda queremos destacar o compromiso e a solidariedade destas familias de acollida, grazas a elas estes nenos e nenas poderán recibir tratamentos médicos  de moi difícil acceso nos seus campamentos, mellorar a súa alimentación e poderán pasar dous meses a menos de 50ºC desfrutando dun verán galego.

Tamén agradecemos as actuacións de SOGAPS para a realización deste programa, xa que son o gran motor desta iniciativa.

“Esperamos que teñades unha experiencia que recordaredes para sempre

- Publicidade -spot_img