Comeza o II Ciclo de Conferencias “O FALAR DÁS PEDRAS” que se impartirán os martes de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 h.
Mañá iníciase co Catedrático de Literatura Española e escritor, Fernando Bartolomé Benito que impartirá unha conferencia baixo o título “1595. Drake, Baiona…e o Conde de Gondomar”.
Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia. Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado MULTIUSOS MERCADO DE SABARÍS (Benito Fariña, 3).
O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.



