spot_img
InicioVigo e áreaVigoDous Premios Nobel debaterán en Vigo sobre o presente e o futuro...

Dous Premios Nobel debaterán en Vigo sobre o presente e o futuro da economía mundial

Dous Premios Nobel debaterán en Vigo sobre o presente e o futuro da economía mundialTodo preparado para a celebración do Viglobal Summit 2023, a cita económica do ano en Galicia, que reunirá en Vigo a dous premios Nobel de Economía e a unha vintena de prestixiosos expertos

Revista COUSAS DE Nº17

O Congreso terá lugar mañá e o mércores no Auditorio Mar de Vigo e contará coa presenza de Paul Krugman, Nobel en 2008, e Abhijit Banerjee, que recibiu o máximo galardón económico do mundo en 2019.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, será o encargado de inaugurar oficialmente o Vigloblal Summit 2023, que contará coa dirección técnica do catedrático da Universidade de Vigo, Santiago Lago Penas, e coa condución do xornalista pontevedrés Xabier Fortes.

O Congreso estruturarase ao redor da celebración de tres mesas redondas, que servirán de acompañamento perfecto para os relatorios de Krugman e Banerjee, cuxa presenza conxunta en Galicia supón un auténtico fito histórico para a comunidade autónoma.

O primeiro encontro de debate versará sobre emprendemento e dinámica empresarial e estará moderada polo galego Antón Costas, presidente do Consello Económico e Social de España. Nel participarán dúas emprendedoras de recoñecido éxito como Bisila Bokoko, CEO de BBES e experta conferenciante sobre liderado global; e Lupina Iturriaga, fundadora de Fintonic, que estarán acompañadas por Rudiger Ahrend, xefe do departamento de emprendemento da OCDE.

A primeira xornada pecharase cun relatorio de Inma Puig, prestixiosa conferenciante internacional con pasado no departamento psicolóxico do Fútbol Club Barcelona durante máis dunha década e experiencia con numerosos deportistas de elite e algunhas das empresas familiares máis prósperas do país.

O xoves 28 falarase no auditorio Mar de Vigo do futuro do sector bancario. A xornada comezará cunha entrevista realizada a Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, que será realizada polo xornalista económico Martí Saballs, quen, posteriormente, conducirá unha mesa de debate na que participarán Mariona Vicens, directora de Innovación e Transformación Dixital de Caixabank; Antonio Ramalho, ex CEO de Novo Banco; e Rita Estévez, conselleira independente de MoraBanc e Línea Directa.

A última mesa redonda do Congreso centrarase no desenvolvemento das cidades e as rexións como motor da economía. Nela participarán o profesor da London Business School, Andrés Rodríguez-Pouse; Cristina García-Peri, directora de Desenvolvemento Corporativo e Estratexia do Grupo Azora; Pedro Siza Vieira, exministro de Economía de Portugal; e a catedrática de Economía da Universidade de Barcelona, Elisabet Viladecans.

Revista COUSAS DE Nº17

O broche final do Viglobal Summit 2023 será o relatorio pronunciado polo economista indio-estadounidense Abhijit Banerjee, que foi galardoado co Premio Nobel de Economía en 2019. Os seus estudos experimentais para aliviar a pobreza global son requiridos por gobernantes de todo o mundo e as súas palabras servirán para pechar un Congreso que poñerá a Vigo e a Galicia no primeiro plano da economía mundial.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.