Inicio Vigo e área O Porriño Dous panadeiros porriñeses entre os mellores de Galicia e de España

Dous panadeiros porriñeses entre os mellores de Galicia e de España

Dous panadeiros porriñeses entre os mellores de Galicia e de EspañaOs panadeiros porriñeses Luis Miguel Iglesias Lago, de ”Amaquía” e Jose Manuel Fernández Grova, de “O Forno de Mosende”  recibiron hoxe unha placa en recoñecemento o seu traballo a prol do pan de Porriño.

Ambos foron recibidos nunha recepción na Alcaldía por Eva García de la Torre e polos concelleiros de Comercio, Sergio Casal e de Turismo, David Alonso como consecuencia de ser galardoados pola “Ruta Española del Buen Pan” entre os mellores de Galicia e entre as OITENTA MELLORES PANADERÍAS DE ESPAÑA.

“Amaquía” e “O Forno de Mosende revalidan a súa posición na élite, premiadas de novo coas estrelas que distinguen entre as mellores de España, segundo a clasificación que confeccionan “Panàtics” e “Pan de Calidad”.

A alcaldesa Eva García manifestoulle que “para o Concello é unha ledicia este novo recoñecemento ó  sector dos panadeiros locais”. “Todo este tipo de mencións e galardóns para o voso sector contribuen a dinamizar a condición de O Porriño coma fito do Camiño Portugués e coa posta en valor dun producto tan tradicional da nosa vila”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies