spot_img
InicioVigo e áreaVigoDeseXo, o teatro como ferramenta de educación sexual, a nova proposta de...

DeseXo, o teatro como ferramenta de educación sexual, a nova proposta de Afundación na súa programación de teatro para escolares en Vigo

desexo-o-teatro-como-ferramenta-de-educacion-sexual-a-nova-proposta-de-afundacion-na-sua-programacion-de-teatro-para-escolares-en-vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta este mércores 29 de outubro, ás 10.00 e ás 12.00 h, no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo, unha nova proposta escénica dentro da súa programación de actividades para escolares, DeseXo, de Talía Teatro, dirixida a público de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Asistirán máis de 500 estudantes procedentes de 8 centros educativos de Vigo e localidades derredor.

Como foi a nosa educación sexual? Estamos realmente preparados para vivir unha sexualidade sa? Sabemos relacionarnos desde o respecto e a empatía? E, sobre todo, somos quen de educar as futuras xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que impacto ten iso na maneira en que desexamos, nos relacionamos ou nos entendemos? Observemos o que nos rodea: as cancións que escoitamos, os anuncios que vemos, os contidos que consumimos. Vivimos na era do desexo, na sociedade máis sexualizada da historia, e aínda así, o sexo segue a ser un tema cheo de silencios, prexuízos e tabús.

Despois do espectáculo, o director do espectáculo, Diego Rey; os intérpretes, Marta Ríos e Dani Trillo; unha sexóloga profesional, Bárbara Penas; e o público atoparanse para debullar o visto, escoitarse e falar sen tabús. Un convite a seguir pensando e aprendendo xuntos.

As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. A programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.